Galegoza

24/02/2025

O IES Monte Castelo de Burela acolle ata o 13 de marzo a exposición Galegoza. A canción en galego, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo "para dar a coñecer ao público máis novo a ampla oferta musical no noso idioma".

O deputado de Mocidade, Daniel García, e o tenente de alcaldesa de Burela, Mario Pillado, participaron na inauguración da mostra na que o comisario e crítico musical Pepe Cunha repasou co alumnado  os contidos dos paneis, un percorrido pola música en galego desde os anos sesenta ata a fornada actual. Na presentación subliñouse a traxectoria de artistas da comarca da Mariña, como a focense Ugía Pedreira, que se achegou ata a presentación, ou de Nuno Pico, que foi alumno do centro.

Daniel García valorou a exposición como “unha mostra de que o galego non ten límites, de que en galego se fai música de moitísima...

leer más
Etiquetas:
07/02/2025

O IES Dionisio Gamallo, de Ribadeo, acolle desde este pasado xoves, 6 de febreiro, a exposición Galegoza. A canción en galego, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo para “dar a coñecer ao público máis novo a amplísima oferta musical no noso idioma”. A exposición permanecerá no hall de entrada do centro ribadense ata o 20 de febreiro.

O deputado de Mocidade, Daniel García, participou na inauguración da mostra, na que o comisario e crítico musical Pepe Cunha repasou co alumnado  os contidos dos paneis, un percorrido histórico pola música en galego desde os anos sesenta ata a fornada actual, na que se sinalan, entre outras, aportacións de artistas da Mariña como Ugía Pedreira e Nuno Pico ou formacións como Adufeiras de Salitre, da que forman parte as mariñás Iria Penabad e Carolina Vázquez.

O responsable provincial presentou a...

leer más