Discriminación Racial

19/02/2025

O Concello de Burela convoca a décima edición do Concurso contra a Discriminación Racial. “A partir do 21 de febreiro e ata o 21 de marzo, poderás presentar os teus traballos en diferentes formatos: debuxos, pinturas, vídeos, lemas ou textos, sempre transmitindo un mensaxe clara contra a discriminación racial. Hai tres categorías: nenos e nenas de 6 a 12 anos; adolescentes de 13 a 17 anos; e persoas de 18 anos en diante. Anímate a participar e a compartir o teu mensaxe por un mundo sen discriminación!”, anuncia o Concello.

Os traballos poden presentarse no Concello de Burela ou por correo electrónico, na dirección integracioninmigrantes@burela.org.