ACIA Burela organiza un concurso de disfraces o sábado 1 de marzo e repartirá 600 euros en premios

A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACIA) de Burela organiza un concurso de disfraces o día 1 de marzo, sábado e repartirá 600 euros en premios: un premio de 300 euros para grupos, un premio de 200 euros para parellas e un premio de 100 para a categoría individual, todos eles en vales de compra de ACIA Burela. 

Para participar hai que subir fotos a Facebook ou Instagram disfrazados ceando, tomando algo, bailando, etcétera nalgún dos 14 locais hostaleiros que forman parte desta iniciativa. Ademais a organización explica: “etiquetade a ACIA Burela en Instagram, Facebook ou ambas (non valen historias), selade a tarxeta en 7 dos 14 locais participantes durante o sábado 1 de marzo, con calquera tipo de consumición (un café, unha comida, un viño, cea...). Os premios daranse o domingo despois do desfile na carpa. Os gañadores terán que presentar a tarxeta cos 7 selos. (Si estás disfrazado no momento de recibir o premio a cantidade incrementase 50 euros). Os gañadores non serán a foto mais votada nas redes sociais; haberá un xurado de ACIA que valore as fotos”.