Acia

23/02/2025

A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACIA) de Burela organiza un concurso de disfraces o día 1 de marzo, sábado e repartirá 600 euros en premios: un premio de 300 euros para grupos, un premio de 200 euros para parellas e un premio de 100 para a categoría individual, todos eles en vales de compra de ACIA Burela. 

Para participar hai que subir fotos a Facebook ou Instagram disfrazados ceando, tomando algo, bailando, etcétera nalgún dos 14 locais hostaleiros que forman parte desta iniciativa. Ademais a organización explica: “etiquetade a ACIA Burela en Instagram, Facebook ou ambas (non valen historias), selade a tarxeta en 7 dos 14 locais participantes durante o sábado 1 de marzo, con calquera tipo de consumición (un café, unha comida, un viño, cea...). Os premios daranse o domingo despois do desfile na carpa. Os gañadores...

leer más
Etiquetas:
04/12/2021

A Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela presenta a campaña ‘Vive un conto de Nadal con ACIA Burela’ que contará con diversas actividades para todas as idades. 

A iniciativa comezaba onte co alumeado das luces de Nadal na Praciña do Concello, onde se atopa a tradicional árbore de Nadal da asociación empresarial. A esta actividade séguenlle outras como: o concurso de selfies, o sorteo de dúas viaxes a Disneyland Paris ou o concurso de escaparates. 

O concurso de selfies durará o mesmo tempo que a campaña, é dicir, dende o 10 de decembro ata o 5 de xaneiro. Para participar nesta actividade hai que ser maior de idade, ter conta en Instagram ou Facebook, subir unha fotografía nunha das praciñas decoradas con motivos de Nadal que hai na vila, etiquetar a ACIA Burela e poñer o cancelo #...

leer más
Etiquetas:
11/10/2020

O Concello focense presenta imPULSA FOZ, unha campaña nova que busca reactivar o municipio en todos os ámbitos: cultural e económico, pero tamén anímico e social. Foi presentada polo alcalde, Fran Cajoto; o concelleiro Chema Linares; e o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, José Carlos Paleo.

O rexedor municipal explica: “trátase de facer distintas iniciativas baixo un mesmo paraugas, transmitindo positividade. Dentro dun contexto moi complicado de pandemia do COVID-19 todas e todos tivemos que aprender a convivir co virus e a ser responsables da nosa saúde, a título individual pero tamén colectivo. Foz foi sempre tradicionalmente un concello moi activo e non queremos en ningún caso que se perda esa pulsión; é por iso que presentamos esta campaña, na que un dos obxectivos principais é apoiar ao comercio...

leer más
Etiquetas:
03/12/2014
Acia/Cca Foz organiza para este fin de semana a súa I Festa da Croqueta. Quince bares e restaurantes locais sumáronse a esta iniciativa, que terá lugar os días 5, 6 e 7 de decembro
 
A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, en colaboración coa Federación de Comercio de Lugo, organiza para a vindeira fin de semana os días 5, 6 e 7 de decembro a I Festa da Croqueta. Unha actividade que coincide coa ponte da Constitución e da Inmaculada e que conta coa participación de quince restaurantes e locais hostaleiros focenses. Neles poderanse degustar pinchos, tapas e racións de croquetas, elaboradas con diferentes produtos tanto do mar coma da horta. 
Os veciños poderán gozar desta I Festa da Croqueta en calquera dos seguintes bares e restaurantes focenses, participantes nesta iniciativa gastronómica: O Lar, A Funcional, O Sera, Restaurante Bar Acuario, Bar 78, O Tangarte, Tangarte Mariñeiro, Restaurante Dandy, Casa Damián...
leer más