Burela
O pasado domingo a Merluza D& Burela foi protagonista na xornada inaugural do Galicia Fórum Gastronómico 2025, o maior evento gastronómico profesional do norte de España, que celebrou na Coruña do 23 ao 25 de marzo a súa décima edición inspirada en "Un Océano de Cociñas", facendo honra á rica diversidade culinaria que emana das profundidades do mar e esténdese polos recunchos de Galicia e o mundo.
A OPP Burela promocionouse dentro do programa de "Experiencias de Calidade Galicia Sabe A_Mar" da Consellería do Mar da Xunta de Galicia. O chef Alberto Carou, do restaurante Curral do Marqués (Rianxo, A Coruña) preparou diferentes receitas elaboradas con pescada do pincho de Burela en maridaxe con viños da DO Ribeiro: “Taco de Merluza D& Burela rebozado en tempura negra de tinta de lura, salsa kinchi e lima”; e...
leer másSarabela Teatro presenta en Burela a obra titulada O dragón de ouro este venres, día 28 de marzo. Será ás 21:00 horas na Casa da Cultura.
Forma parte da programación cultural do Concello de Burela, que anuncia: “unha gran oportunidade para gozar de teatro de calidade e reflexionar sobre temas actuais! Sarabela Teatro presenta unha obra intensa e conmovedora sobre inmigración, explotación e desigualdade. Non te perdas esta proposta que entrelaza historias de loita e esperanza”.
A directora é Ánxeles Cuña Bóveda, da tradución encargouse Catuxa López Pato e o elenco está integrado por Fernando Dacosta, Fina Calleja, Fran Lareu, Sabela Gago e Fernando González.
É unha obra para público adulto e o prezo da entrada é de 5 euros.
A comisión organizadora das festas patronais de Burela, que se celebrarán do 30 de maio ao 2 de xuño, anuncia que contarán coa actuación de nove orquestras: Panorama, El Combo Dominicano, La Fórmula, Cinema, Ritmo Joven, Cayenna, América, Solara, Pontevedra.
O venres 30 de maio haberá verbena desde as 23:00 horas con La Fórmula e Cinema.
O sábado 31 de maio terá lugar unha sesión vermú ás 14:00 horas e verbena a partir das 23:00 horas. Actuarán Ritmo Joven e América.
O domingo 1 de xuño tamén haberá sesión vermú ás 14:00 horas e verbena desde as 23:00 horas. As orquestras dese día son Solara e El Combo Dominicano.
E o luns 2 de xuño tamén haberá sesión vermú ás 14:00 horas e verbena a partir das 23 horas. Actuarán Pontevedra, Cayenna e Panorama.
... leer másO xerente da Fundación Expomar, José M. González 'Brais', aproveitou o marco da World Maritime Week, que se celebra en Bilbao del 19 al 21 de marzo, para manter diferentes reunións con empresas do sector e institucións relacionadas co mar.
A World Maritime Week é un encontro referente do sector marítimo internacional, que acolle en paralelo a celebración de catro congresos internacionais referentes aos sectores naval (Sinaval), pesqueiro (Eurofishing), portuario (Futureport) e de enerxías renovables mariñas (Marine Energy Week).
Ao igual que a Feira Expomar, o evento celébrase cada dous anos, polo que a Fundación Expomar aproveita a súa estancia en Sinaval para promocionar a próxima gran cita do sector pesqueiro e naval, que se celebrará no porto de Burela do 7 ao 10 de maio.
Expomar...
leer másEste venres, día 21 de marzo, ás 20:00 horas comezarán as actividades da Semana Santa de Burela coa presentación do cartel e o pregón a cargo de Reinaldo González.
Este acto será na Casa da Cultura de Burela e contará con actuacións musicais a cargo da Escola de Música de Burela e do grupo Acordeonistas da Mariña.
A Casa da Cultura de Burela acollerá o vindeiro sábado, día 22, ás 18 horas “Moby Dick”, un espectáculo máxico para toda a familia inspirado no clásico de Herman Melville.
Trátase dunha historia chea de emoción, imaxinación e aventuras, ideal para gozar en familia.
O prezo da entrada será de 3 euros.
Despois de meses de traballo e planificación, xa faltan pouco máis de sete semanas para a gran cita bienal da Fundación Expomar: a súa feira monográfica náutico pesqueira, que volverá converter Burela na capital do mundo do mar durante catro días e aspira a superar os récords de superficie de exposición e participantes da anterior edición, ocupando máis de 5.000 metros cadrados de exposición e con 400 marcas de diferentes países representadas na feira.
O Comité Executivo da Feira Expomar 2025 reuniuse este venres para seguir pechando os últimos detalles da vixésima edición do evento, tanto do salón de exposición, que presentará grandes novidades con respecto a anos anteriores, como das Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, que cumprirán as súas 32ª e 26ª edicións, respectivamente, e que reúnen cada ano aos...
leer másBurela acollerá os días 12 e 13 de abril a quinta edición do Enduro Monte Castelo, que se estrea no calendario da Copa de España reforzando a súa proxección como proba de referencia nesta modalidade.
O deputado de Mocidade, Daniel García, participou este venres na
presentación do evento, organizado polo Club Cerezo Bikes co apoio da
Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Burela.
No acto, no que participaron a alcaldesa de Burela, Carmela López, o
tenente de alcaldesa, Mario Pillado, e o concelleiro de Deportes, Carlos
Madar, destacouse a singularidade do circuíto que combina tramos no
monte con tramos urbano, que permiten achegar o evento ao conxunto da
veciñanza.
Daniel Garcia subliñou “a importancia deste tipo de eventos para darlle
visibilidade a esta modalidade deportiva e abrir o abano de
...
Burela acollerá un ciclo de concertos, titulado Maraxes da Osa, que empezará o día 11 de abril, venres, coa actuación da cantante canaria Marilia Monzón.
Os organizadores explican que “Maraxes quere converterse nunha brisa suave que entre na Mariña de Lugo disfrazada de ciclo de concertos.
Damos inicio ao primeiro coa cantante e compositora Marilia Monzón”. Será o venres 11 de abril ás 21:00 horas (apertura de portas ás 20:30) na Casa da Cultura.
A segunda actuación do ciclo será da cantante e compositora Mercedes Cañas o sábado 10 de maio ás 21:00 horas (apertura de portas ás 20:30), tamén na Casa da Cultura de Burela.
As entradas para estes dous concertos están á venda na web www.wegow.com.
O Concello de Burela organiza un encontro entre empresas e axentes de emprego o vindeiro mércores, día 19 de marzo, ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello. O obxectivo é mellorar as oportunidades laborais na zona e facilitar a contratación de profesionais cualificados.
Neste evento as empresas locais poderán coñecer os servizos que ofrece a Orientadora Laboral do Concello de Burela, un servizo subvencionado con fondos autonómicos, así como as propostas formativas dispoñibles no Centro de Formación Ocupacional.
O Concello de Burela explica que a xornada “tamén contará coa participación de representantes da Cofradía de Pescadores, Cruz Roja e do Centro de Refuxiados de Burela da ONG Rescate Internacional. Durante o evento as empresas poderán obter información sobre os perfís profesionais demandados no mercado...
leer más