O 6 de abril terá lugar unha visita guiada por Foz e por Barreiros. Está organizada por Guía tu Día

A mañá do domingo 6 de abril terá lugar unha nova andaina organizada por Guía tu Día.

Consistirá nun paseo guiado de 10km (dificultade baixa) bordeando a ría de Foz, pasando por lugares interesantes como a lagoa dos Patos, varios miradoiros con vistas á ría e a Foz, as fantásticas praias de Barreiros e o seu paseo marítimo. Falarase tamén de fauna e flora.

Durante o camiño farase unha parada para xantar de picnic. E a volta será tren. As mascotas tamén poden participar, unicamente deberán traer bozal para poder montar no tren.

Esta visita guiada ten un custo de 10€  persoa. Para máis información e reservas poden chamar á guía Ana no 654 99 68 57.