8M
Este venres, día 14 de marzo, ás 11:30 horas o Concello de Barreiros inaugurará a exposición titulada Mulleres por Mulleres na carpa da Praza do Concello, en San Cosme. É unha mostra que recolle as historias de vida de 12 mulleres barreirenses, poñendo en valor os seus logros e achegas.
Esta exposición estará na Praza do Concello de Barreiros ata o 31 de marzo e a partir de abril trasladarase aos centros escolares para que o alumnado coñeza ás mulleres protagonistas destas historias.
O 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, o Observatorio da Mariña pola Igualdade convoca á Mariña Lucense para “recoñecer a historia dos dereitos políticos, sociais e económicos das mulleres. Temos que seguir loitando por un mundo igualitario, libre de violencia e discriminación. Facemos unha chamada á cidadanía para que se anime a participar e formar parte dun movemento que trata de sensibilizar á sociedade na necesidade de avanzar cara a igualdade e erradicar o patriarcado. Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade convocamos unha manifestación feminista para o vindeiro sábado 8 de Marzo ás 18:00 horas en Ribadeo baixo o lema Feminismo para transformar a vida das mulleres”.
A manifestación sairá desde o aparcadoiro de camións próximo ao IES Dionisio Gamallo, de Ribadeo.
A Área de Igualdade do Concello presenta unha ampla programación para conmemorar o Día Internacional da Muller. A concelleira Begoña Sanjurjo explica que “teremos exposicións, teatro, concursos, cine e mobilizacións, as actividades buscan recoñecer o papel das mulleres ribadenses no pasado e no presente, así como fomentar a reflexión sobre os retos aínda pendentes en materia de igualdade”.
A edil de Igualdade sinala que “dentro duns días poderemos gozar no parque de San Francisco da exposición Mulleres x mulleres. Con esta mostra pretendemos promocionar e valorar o potencial das mulleres de Ribadeo do pasado, do presente e do futuro dando a coñecer o valor dos seus logros, creación, achegas… Os centros educativos participarán nunha actividade para achegar esta realidade ás novas xeracións”.
Sanjurjo segue a...
leer másCo gallo do Día Internacional da Muller, o Concello de Trabada organiza unha sesión de cine especial dentro do programa "Cine na Rúa", ofrecendo a proxección do filme "Oro Blanco". A cita terá lugar o vindeiro 7 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura.
"Oro Blanco" é unha película que aborda a loita dunha muller nun ambiente hostil dominado polo medo, resaltando valores de resiliencia, coraxe e determinación. A escolla deste filme non é casualidade, xa que representa á perfección o espírito do 8M, un día para reivindicar os dereitos das mulleres e reflexionar sobre os desafíos que aínda están por superar.
Desde o Concello de Trabada convidamos a toda a veciñanza a participar nesta actividade, que busca non só ofrecer unha experiencia cinematográfica de calidade, senón tamén xerar un espazo de reflexión e...
leer más