Barreiros
A Irmandade Santo Estevo, Mariña Patrimonio e a Fundación Eira da Xoana (ADEGA), organizan para este venres, 19 de xullo, unha charla encontro sobre a fraga de Santo Estevo do Ermo e os seus restos arqueolóxicos. Será ás 20:00 horas no salón de actos do Centro Sociocultural de Barreiros.
Este encontro ten como finalidade informar sobre o proceso de adquisicón da parcela onde se atopan os restos arqueolóxicos así como debater e intercambiar ideas sobre a ampliación da fraga de Santo Estevo do Ermo e a revalorización deste xacemento medieval.
Esta iniciativa se enmarca dentro de un proyecto más amplio, "Barreiros dos antergos", mediante el cual la asociación de hostelería barreirense en colaboración con el guía turístico mariñano Boris Vilar y promotor de "Rutas Galicia Norte", buscan profundizar en el estudio y divulgación de la historia, paisaje y tradición del lugar. Un proyecto 360º, de norte a sur, con especial hincapié en mostrar esa parte más desconocida de Barreiros y su historia, y con la cual se pretende más adelante ofrecer iniciativas fuera de la temporada estival.
Esta primera actividad a llevar a cabo tiene como objetivo mostrar la naturaleza, el paisaje y el patrimonio cultural de Barreiros, destacando la historia y el misticismo tan presentes en la tradición de esta localidad, al tiempo que se realiza una ruta a pie. Y para ello han sido diseñadas cuatro rutas...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña organiza este sábado, 6 de xullo, unha xeoruta polo pregue xigante, en Barreiros. Esta actividade enmárcase dentro do programa de xeoturismo do Plan de Sostibilidade Turística, que está cofinanciado pola Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
A xeoruta do pregue xigante dará comezo ás 10 da mañá e será guiada polo xeólogo Iván Rodríguez. A duración será dunhas tres horas. Os asistentes terán a oportunidade de coñecer a incrible viaxe dunhas rochas que se depositaron hai 500 millóns de anos na costa dun antigo continente do hemisferio sur para atoparse hoxe no litoral de Barreiros despois de pasar polas raíces dunha montaña tan alta como o Himalaya. As persoas que acudan a esta actividade verán os pregues que as deforman e as intrusións de magma que as atravesaron. E...
leer másO Concello de Barreiros ofrece un Campamento Dixital, do 22 de xullo ao 9 de agosto na aula CeMIT, para a mocidade de 13 a 17 anos. É gratuíto de 30 horas en competencias dixitais, con contidos adaptados a cada idade e formadores especializados. Levarase a cabo en horario de 11:00 a 13:00 horas. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse na propia aula CeMIT os martes e xoves de 9:30 a 14:30 horas ou os resto de días na Casa do Concello no mesmo horario ata o 8 de xullo.
Campamento Dixital é unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Mocidade e Infancia, financiado pola Unión Europea- Next Generation EU.
Aprenderán a buscar información valiosa na internet, hábitos saudables, pensamento...
leer másA asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, organiza un ano máis a Romaría de Santo Estevo do Ermo, que terá lugar este sábado, 6 de xullo.
O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “a Romaría de Santo Estevo do Ermo é unha tradición de moitos anos que os veciños e veciñas de Barreiros teñen moi presente e por iso desde a asociación Camiñantes e Camiños a organizamos neste 2024 e preparamos un sábado cheo de actividades”.
O programa deseñado para o 6 de xullo é o seguinte: “comezaremos cunha ruta de polo entorno de Santo Estevo ás dez da mañá. Os participantes recibirán como agasallo un sombreiro. Á unha do mediodía teremos misa cantada polo Coro Airiños do Mar e logo procesión. Despois ás 13:30 horas degustación de sardiñas á que seguirá a sesión vermú ás 14:00 horas con The Sound...
leer másChega, outro ano máis, o Festival folclórico internacional do Emigrante, en San Miguel de Reinante. O evento, organizado polo Concello de Barreiros e a Agrupación Folclórica O Arco da Vella, celebrarase o primeiro sábado de agosto, día 3, ás 21:30 horas.
Na súa cuadraxésima primeira edición contará coa participación de grupos de Arxentina e Kazajistán e coa agrupación O Arco da Vella.
A organización dá as grazas á Vicepresidencia da Deputación de Lugo, á Xunta de Galicia, a Abanca, ao Iberia CF e ao CEIP San Miguel de Reinante por colaborar con este evento.
O Concello de Barreiros organiza dúas excursións para poñer o broche final á tempada 2023-2024 das escolas deportivas municipais que “contaron con moi boa participación e nas que xa se está a traballar elaborando a programación da vindeira tempada”. Haberá unha viaxe para crianzas o 3 de xullo e outra para adultos o 5 de xullo.
En canto á excursión para crianzas, o mércores 3 de xullo ao Parque Acuático de Cerceda, “as nenas e nenos pasarán unha xornada divertida gozando das diferentes piscinas e tobogáns cos que conta o recinto”, anuncia o Concello.
A excursión para adultas/os será o venres 5 de xullo cun roteiro de sendeirismo pola ruta do ferrocarril (San Tirso de Abres - A Pontenova). Un percorrido de aproximadamente 14 quilómetros que inclúe desprazamentos desde a Praza do Concello e xantar no Hotel San Briz...
leer másO que se pretende é a través de percorridos, temáticas e localizacións diferentes tanto interior como de costa, amosar a súa riqueza cultural, ambiental, xeolóxica,etc…
Contaremos coas seguintes propostas, unha delas nova con respecto ás anteriores edicións, todas elas para realizar nos meses de xullo e agosto.
-De Flor en Flor. A vida dunha colmea. A través deste percorrido ponse en valor a importancia das abellas, xa non só coma produtoras do noso mel, se non tamén o valor queteñen para o noso ecosistema. A xerarquización interna que teñen na súa colmea e a identificación dos mesmos.
-O Fráxil fogar da Pillara das Dunas.Un percorrido para amosar o fráxil fogar deste paxariño e como todos podemos botar unha man para que poida seguir entre nós. Tamén faremos especial fincapé na importancia do coidado do...
leer másA Asociación Cultural Irmandade Augas Santas organiza a décimo primeira edición do Festival Histórico Augas Santas en Santo Estevo do Ermo (Barreiros) este sábado, 22 de xuño.
Celebrarase a festa gastronómica do porquiño e año ó espeto, para a cea degustaranse sardiñas asadas e ademais haberá ruta a cabalo, mercado de artesanía, misa na honra de Santo Estevo, actuación de O Arco da Vella, vodas celtas e queimada con conxuro, entre outras actividades.
A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, rematará o vindeiro sábado, 22 de xuño, a súa peregrinación a Santiago por etapas semanais a través do Camiño de Inverno. O colectivo anima ademais a viaxar a Santiago a todas aquelas persoas da comarca que queiran pasar o vindeiro sábado na capital de Galicia.
Camiñantes e Camiños realizará ese día a novena etapa do Camiño de Inverno, de nove quilómetros. A saída en autobús, desde as inmediacións do centro de saúde de San Cosme, está prevista para as 6:45 horas.
O presidente da asociación Camiñantes e Camiños, José Manuel Gómez Puente, explica que “faremos eses nove quilómetros, entraremos na Catedral pola Porta Santa e asistiremos á misa do peregrino. Agardamos que poida asistir todo o grupo e así culminar como se merece esta peregrinación”.
... leer más