Barreiros

06/10/2024

O día 26 de outubro, sábado, ás 21:30 horas no pavillón de San Cosme de Barreiros terá lugar unha cea baile organizada pola comparsa Habelas Hainas.

“Comida, música, agasallos... e sobre todo moita festa. Dádelle a voz de alarma a un dos integrantes da comparsa ou poñédevos en contacto (antes do día 21 de outubro) para a reserva das entradas nos seguintes teléfonos: 666.820.228 ou 647.086.991”, anuncia a comparsa Habelas Hainas.

02/10/2024

As actividades do programa denominado Activamente que organiza o Concello de Barreiros comezarán o día 17 de outubro, xoves.

O Concello de Barreiros anuncia: “sabemos que o estabades agardando desde que rematou a edición pasada para seguir poñendo en forma os vosos cerebros, así que non imos facervos esperar máis! O programa de envellecemento activo para maiores de 65 anos (xubiladas de máis de 60 anos ou persoas con discapacidade) que organiza o Concello de Barreiros xa está en marcha. Podedes inscribirvos nas oficinas municipais, cubrindo o formulario que vos entregarán alí mesmo. Nel teredes que cubrir os vosos datos e a preferencia de grupo”.

Tamén explica que “ante o éxito de edicións anteriores, este ano créase un novo grupo en San Cosme en horario de mañá, manténdose os de edicións anteriores. Teñen preferencia na asignación de prazas as persoas empadroadas ou...

leer más
Etiquetas:
01/10/2024

O domingo día 13 de outubro terá lugar unha nova edición dos mercadiños estacionais que organiza o Concello de Barreiros e que “volverá encher a Praza do Concello de postos e actividades nos que a veciñanza poderá disfrutar dunha xornada festiva de compras nos distintos postos de artesanía e alimentación. Tamén volveremos desfrutar das saborosas degustacións de produtos de porco celta, coas mini hamburguesas que tan bo éxito tiveron no anterior mercadiño de primavera e tamén, como novidade neste mercadiño, poderemos degustar croquetas e empanadillas que se elaboran desde fai pouco tempo en Barreiros e que se poderá acompañar doutro produto feito neste concello, a cervexa artesá Augas Santas fabricada en San Xusto”, anuncia o Concello.

Haberá actividades para todos os públicos, música en directo, as xa habituais actividades da tarde para...

leer más
Etiquetas:
01/10/2024

O Concello de Barreiros anuncia: “viaxamos a Compostela para ver Terceiro Acto, unha produción do Centro Dramático Galego, o domingo 6 de outubro, desde a Praza do Concello. Hai 25 prazas e para anotarte chama ao 982.124.002 ou escribe a administracion@concellodebarreiros.gal. A admisión será por rigorosa orde de apuntamento. A actividade ten un custo de 5€ por persoa que se recadará no propio día da viaxe”.

A saída desde Barreiros será ás 14:45 horas e a función en Santiago empezará ás 18:00 horas.

 

Etiquetas:
30/09/2024

Barreiros acollerá a partir desta fin de semana un curso  sobre iniciación á apicultura e preparación das colmeas para o inverno, promovido pola área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A formación, gratuíta e impartida por persoal da Casa do Mel de Goente, desenvolverase os días 5, 6, 19 e 20 de outubro na escola de Celeiro de Mariñaos, cunha parte teórica e unha parte práctica – nun colmeal da Rexa - na que se abordarán tarefas como  a retirado do mel excedente, o control do  alimento para a supervivencia ou a colocación de tratamentos. As persoas interesadas en asistir teñen que anotarse no enderezo casadomel@vodafone.es ou no teléfono 661003616.

O curso, que conta coa colaboración do Concello de Barreiros, inclúese nun programa de formación en...

leer más
29/09/2024

O venres 11 de outubro chega a San Miguel de Reinante "Cóntoche un traxe", da man de Montse Rivera. Será ás 17:30 horas nos colexios vellos, con entrada gratuíta.

É unha actividade organizada pola asociación O Arco da Vella, que anuncia: “mergúllate nesta viaxe no tempo para descubrir como era o vestiario dos nosos tátara-tátara-avós. A narración de Montse estará acompañada de cantigas referidas ás pezas de roupa que os vestían, poemas de grandes da literatura galega e proxección de imaxes de traxes tradicionais e materiais cos que se fabrican as teas. E ao final do camiño, catro participantes acabarán vestidos como os nosos ancestros”.

 

Etiquetas:
27/09/2024

O Concello de Barreiros volve a ofertar clases de baile a partir de outubro. Realizaranse os mércores de 17:30 a 18:30 horas nos colexios vellos de San Miguel e de 19 a 20 horas no centro sociocultural de San Cosme. As clases estarán orientadas á iniciación nos bailes de verbena con modalidades como tango, bachata, salsa, vals, etcétera.

As clases serán impartidas por María Dolores González Alves, profesional recoñecida con anos de experiencia no baile e a docencia. Terán un prezo por persoa de 15 euros o mes e comezarán o día 2 de outubro. Toda persoa interesada deberá facer a inscrición nas oficinas do Concello de Barreiros ata completar prazas.

A actividade de baile súmase ás de ximnasia de mantemento, ioga, pilates, zumba e espalda saudable, actividades ofertadas nas escolas deportivas de adultos que se...

leer más
25/09/2024

Será ás cinco da tarde nas antigas escolas do Canteiro. 

Manuel Rivero, autor do libro Universo Aurora e estudoso deste científica e divulgadora barreirense, explica que “os Bítere dánselle a unha persoa que destaque no mundo da ciencia, da cultura  ou da comunicación. Neste caso, unha persoa que visibilize o que foi a muller no campo da ciencia. Por iso este ano vai a catedrática de matemáticas da Universidade do País Vasco Marta Macho-Stadler. Quizais sexa a figura mais significativa para visibilizar á muller, para relembrar á muller no mundo da ciencia, a través do se blog Mujeres con ciencia. Con frecuencia Marta cita á escritora Marion Carre por cada científica que olvidamos, hay centenares que no nacen. E o caso da Aurora Sampedro era un caso moi similar. Aurora, fai un ano e pico era totalmente esquecida e hoxe afortunadamente xa...

leer más
18/09/2024

O Concello de Barreiros abriu este mércores, 18 de setembro, o prazo para matricularse nas actividades deportivas ofertadas desde as Escolas Deportivas Municipais (EDM) de persoas adultas (maiores de 16 anos) para a tempada 2024-2025. O período de inscrición estará aberto ata o 25 de setembro e as actividades comezarán o 30 deste mes.

Haberá estas actividades: espalda saudable, ximnasia de mantemento, ioga suave e intenso, zumba, pilates e baile.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición no rexistro municipal do Concello de Barreiros. No caso de que o número de inscricións supere ao de prazas dispoñibles, terán preferencia as persoas empadroadas en Barreiros.

 

Etiquetas:
15/09/2024

A comisión de festas da parroquia de Cabarcos, no concello de Barreiros, organiza churrascada e verbena para o día 20 de setembro, venres.

A churrascada, que é aberta a todo o público, empezará ás 21:30 horas. E despois terá lugar a verbena coa orquestra La Fórmula e a discoteca móbil Alejandro Martínez.

A organización anuncia que haberá mesas e cadeiras para a churrascada e que o recinto estará cuberto con carpa.