Barreiros

Etiquetas:
07/01/2024

O sábado 13 de xaneiro a partir das 21:30 horas celebrarase na localidade barreirense de Vilamar a XII Festa dos Callos, que se desenvolverá nun local cerrado con calefacción no campo da festa.

O menú consistirá en callos de tenreira, costela asada de porco celta con pementos e patacas, sobremesa, viños, augas, refrescos, café e chupito. O prezo por persoa é de 28 euros, pero @s nen@s de 6 a 12 anos só terán que pagar 14 euros. O prazo para reservar rematará o 9 de xaneiro.

A festa estará amenizada coa música de dúo Xilos, Carlos Manteiga e DJ Conxuro.

A Comisión de Festas de Vilamar, que é a organizadora do evento di: “no voso lugar non dubidaría en asistir. Ademais de degustar unha deliciosa comida realizada polo Catering Chao de Brea, viviremos unha tremenda festa rachada hasta que o...

leer más
06/01/2024

En Barreiros foi presentada a 3ª edición do circuíto +kmsBarreiros pola alcaldesa, Ana Ermida, o concelleiro, Dani García, xunto con integrantes das asociacións colaboradoras, Praias de Comado, Augas Santas e Ollomao.

Dentro do marco do circuíto séguense a englobar 6 probas que son: a Carreira Solidaria de Reis este domingo, 7 de xaneiro, a Carreira das Praias en marzo, a ½ km vertical Monte Comado en xullo, a Benquerencia Terra-Mar en agosto, os Trails Monte Comado en outubro e pecha, a carreira popular Ao Son do Masma en novembro.

O circuíto deste ano trae novidades que buscan fomentar a actividade física e o deporte:

Categoría por equipos

Categoría por colexios/institutos

Maior contía nos premios. 1000€ en metálico + trofeos +...

leer más
03/01/2024

Este venres, 5 de xaneiro, os Reis Magos de Oriente visitarán Barreiros desde as 10 da mañá acompañados de panxoliñas a cargo do alumnado de Sinfónico no Rural e repartirán agasallos.

Melchor, Gaspar e Baltasar viaxarán miles de quilómetros para achegarse a distintos lugares de Barreiros (Reinante, Vilamartín Pequeno, Vilamartín Grande, Gondán, A Rilleira, Cabarcos, Vilamar e San Xusto) antes de facer o seu percorrido en coche de época polos barrios de San Cosme, previo á recepción, que terá lugar ás 20:00 horas no centro sociocultural.

02/01/2024

Desde o Concello explican que “nos vindeiros días teremos a disposición de toda a veciñanza o calendario deste 2024, que un ano máis edita o Concello de Barreiros”. 

E sinalan: “como xa sabedes, a temática estaba centrada en fotos antigas das escolas de Barreiros e das vivencias escolares que, aínda que as lembremos, ás veces quedan no esquecemento”. 

Proximamente, empregados/as municipais comezarán a repartir polas casas os almanaques pero, se algunha persoa o quere antes, pode pasarse a recollelo polas oficinas municipais.

Desde o Concello barreirense engaden: “agardamos que vos guste tanto coma a nós e que vos traia fermosas lembranzas”.

Etiquetas:
30/12/2023

O centro sociocultural de Barreiros acolle ata o día 9 de xaneiro a exposición fotográfica “Express-Arte”. Trátase dunha mostra que amosa unha perspectiva de diferentes realidades dende a arte, que foi creada no marco do programa de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero e impulsada pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL).

Esta exposición, que foi cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade ao amparo do programa de actividades que oferta aos concellos, pode visitarse de luns a venres en horario de 10 a 15 horas ou durante calquera das actividades que teñen lugar en dito centro sociocultural.

Etiquetas:
28/12/2023

O Concello de Barreiros organiza unha viaxe para o vindeiro mércores, 3 de xaneiro, a XuvenLugo dirixida a nenas e nenos de Barreiros.

A excursión inclúe a entrada e a viaxe de balde.

As persoas interesadas en anotar ás súas crianzas na viaxe, teñen para formalizar a inscrición ata o día 2 de xaneiro nas oficinas xerais do concello.

Terán prioridade o alumnado do CEIPS do municipio e a cativada instrita nas escolas deportivas de Barreiros.

XuvenLugo é un espazo de ocio infantil e xuvenil situado dentro do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. É un gran espazo cheo de atraccións, inchables, xogos, animacións e deportes para pasar unha tarde moi divertida.

 

24/12/2023

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo dende a súa Área de Cultura, achega a Barreiros dúas sesións de cinema curto o vindeiro 27 de decembro.

Trátase de Nena, unha curtametraxe de Xosé Antonio Touriñán
Máis info: https://nena.gal/

E deA Rabia, curtametraxe de Alberto Díaz.
Máis info: https://www.aldiaz.es/piezas/a-rabia/

Proxectaranse as dúas curtametraxes lucenses seleccionadas e premiadas internacionalmente e logo, haberá coloquio coa presenza dalgún membro do equipo.

En Barrreiros as proxeccións serán o mércores, 27 de decembro, ás 20:30 horas no centro sociocultura de San Cosme. E no Valadouro o xoves, día 28, ás 19:00 horas na Casa da Cultura. 

 

Etiquetas:
21/12/2023

Barreiros recibirá a visita de Papá Noel este sábado, 23 de decembro, ás 19:00 horas. 

“Achégate este sábado ás 19:00 horas ao centro sociocultural de San Cosme onde contaremos coa presenza de Papá Noel, que agardará a todas as crianzas que queiran darlle a súa carta e facer realidade os seus desexos”, anuncia o Concello de Barreiros.

Etiquetas:
19/12/2023

Comeza o Circuíto +Kms Barreiros 2024 coa xa tradicional Carreira Solidaria de Reis, que se celebrará o día 7 de xaneiro, domingo, e este ano chega con novidades. 

Aínda que a maior parte do percorrido se mantén, nesta edición farase no sentido contrario ás anteriores e a zona de saída e meta será nas inmediacións do Centro Sociocultural de San Cosme. Sen dúbida un novo reto para todas e todos, cunha carreira absoluta de 8 quilómetros que combina unha parte rápida de asfalto e un tramo do Camiño do Cantábrico cunhas vistas espectaculares.

Nesta edición a doazón solidaria, a prol da Asociación Saúde Mental A Mariña, será voluntaria e poderá seleccionarse no momento da inscrición.

Tamén chega con novidades a Andaina Solidaria de Reis, con novo percorrido e distancia: será de 9 quilómetros...

leer más
Etiquetas:
18/12/2023

O Concello de Barreiros oferta clases de baile dentro das súas actividades a partir de xaneiro. Realizaranse os mércores de 17 a 18 horas nos colexios vellos de San Miguel e de 19 a 20 horas no centro sociocultural de San Cosme. 

As clases estarán orientadas á iniciación nos bailes de verbena, con modalidades como tango, bachata, salsa, vals, merengue, bolero, etcétera. Serán impartidas do 10 de xaneiro ao 26 de xuño de 2024 por María Dolores González Alves, profesional recoñecida con anos de experiencia no baile e a docencia. E terán un prezo por persoa de 25 euros o mes.
 
Toda persoa interesada deberá facer a inscrición nas oficinas do Concello de Barreiros ata completar prazas. A ficha para apuntarse pódese descargar desde a seguinte ligazón: https://bit.ly/4737dF5.