Barreiros
O vindeiro mércores, 14 de agosto, a partir das 19:30 hora no campo de fútbol do Cascabeiro terá lugar a VI Festa do Ovo Frito, que organiza o CF Celta Barreiros e coa que colabora o Concello barreirense.
A cea estará composta de 2 ovos, 1 chourizo, patacas fritas, pan e bebida. O prezo será de 12 euros por persoa. Aínda que na venda anticipada será de 10 euros. Os tíckets poden mercarse aos membros da organización ou no bar Miramar.
A Festa do Ovo Frito contará con música. Haberá folk de taberna a cargo de Con faldas y a lo loco. E tamén verbena a partir das 21:30 horas con Dúo Marineda e Disco móvil Alejandro Martínez.
Desde o CF Celta Barreiros animan “a achegarse ao Cascabeiro este mércores a saborear unha exquisita cena e a pasar unha tarde-noite diferente na VI Festa do Ovo...
leer másA comparsa Os Macanudos organiza a quinta edición do evento denominado Holiwave. Será o día 17 de agosto, sábado, en San Bartolo (Barreiros).
As actividades empezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú e ás 14:00 horas comezará un xantar. Desde as 17:00 horas haberá festa infantil con actividades como pintacaras, xogos, concurso de disfraces, explosión de cores Holi e festa da auga. E ás 19:00 horas empezará a festa de tarde, para rematar a xornada cunha queimada co Gran Druída a partir das 23:00 horas.
A música correrá a cargo da discoteca móbil The Sound Project.
O vindeiro 24 de agosto a partir das 10:00 horas veciños e visitantes poderán desfrutar na praia de Coto dunha exposición de motos e coches clásicos na VI Concentración Retroclásicos, de Barreiros. Máis tarde, ás 14:30 horas, comida no restaurante A Yenka seguida dunha ruta polas praias de Barreiros. Ás 19:00 horas levarase a cabo a entrega de trofeos. Haberá premios para o participante máis veterano, ao participante máis novo e ao club máis numeroso. Ademais, entregaranse premios especiais ao participante máis lonxano, á moto máis antiga, así como ao coche máis antigo.
O prezo é de 35 euros para os adultos e de 15 euros para os nenos e nenas de ata 14 anos. Dito prezo inclúe inscricións, detalle, comida e sorteos.
Para inscribirse poden facelo no teléfono 697 35 60 90 (Pedro) ata o 22 de agosto.
... leer másA parroquia de San Xusto, no concello de Barreiros, celebrará as súas festas patronais na honra a San Xusto e San Pastor, os días 6 e 7 de agosto, martes e mércores.
As actividades empezarán o martes ás 13:00 con misa solemne e procesión con 14 imaxes, acompañada polo grupo de gaitas de O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante. A continuación haberá sesión vermú amenizada polo grupo Pasión, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Tango.
E o mércores celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá procesión con 14 imaxes, acompañada por un grupo de gaitas. A continuación terá lugar a sesión vermú co grupo Mar da Arousa, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Waikas.
A organización corre a cargo da asociación de veciños San Pastor, que destaca que disporán de campo...
leer másO Concello de Barreiros organiza dúas representacións das obras "O traballo de Andrea" e "Pan con Chocolate" do grupo de teatro Ollomao.
Terán lugar o xoves, 8 de agosto, nos colexios vellos de San Miguel, a primeira delas; e o martes, 13 de agosto, no centro social de San Cosme, a segunda.
Según Dani García, concelleiro de Dinamizaciòn “son xa numerosos os premios acadados por Ollomao tanto en Galiza como no Occidente asturiano e qué mellor que disfrutalos en Barreiros nas xa tradicionais representacións de verán”.
As representacións terán lugar ás 22 horas con entrada de balde ata completar aforo.
A comisión de festas de San Bartolo, en San Cosme de Barreiros, organiza o PanceBingo este venres, 2 de agosto, a partir das 20:30 horas. Será no campo da festa de San Bartolo.
Haberá degustación de panceta, chourizo, pan e viño ou auga e tres sesións de bingo: ás 22, 22:30 e 23:00 horas. Todo amenizado polo grupo Saíñas, de Xove. E a organización anuncia que haberá moitas sorpresas.
O Iberia Club de Fútbol celebrará a terceira edición da Festa do Bolo Preñado o venres 9 de agosto a partir das 19.00 horas na Praza do Souto, de San Miguel de Reinante (Barreiros). A velada estará amenizada pola música do grupo Pandeireteiros do Inferno e DJs.
A organización tamén anuncia que haberá “merchandising, sorteos e moitas sorpresas. E sobre todo con moitos bolos preñados de distintos sabores, con bebida e coa mellor das compañías para pasar unha súper velada e botar de paso unha man ao club do pobo”.
Barreiros acollerá a programación musical Sons do Emigrante desde o 29 de xullo ata o 3 de agosto
O Concello de Barreiros anuncia que “chega a semana do Festival do Emigrante e, para ir abrindo boca, preséntanse os Sons do Emigrante, unha programación de actuacións durante a vindeira semana que finalizará co prato forte do XLI Festival Internacional do Emigrante 2024, o 3 de agosto. O Sons do Emigrante comezará o luns 29 no exterior das escolas de Reinante con dúas propostas internacionais, arpa e voz de Francia e folk galés, Frédéric Bougouin e Rholben, que deleitarán no solpor barreirense. O mércores 31 o grupo veciño Kornucopia actuará na praza do Souto, de San Miguel, coincidindo coa presentación do Festival. Mesmo lugar no que o venres será o turno da Foliada do Emigrante, organizada pola Agrupación Folclórica O Arco da Vella que...
leer másO vindeiro domingo, 21 de xullo, Barreiros acollerá a décima edición da carreira popular 1/2 km Vertical Monte Comado, un evento deportivo consolidado que segue medrando ano a ano como así o demostran as máis de 150 persoas inscritas para esta edición.
O evento deportivo está organizado pola Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado en colaboración co Concello de Barreiros. A carreira forma parte do circuíto de carreiras populares MáisKmsBarreiros que organiza o Concello de Barreiros.
O concelleiro de dinamización, Dani García, sinala que “o feito de estar no marco do circuíto máiskmsbarreiros dálles ás probas que se celebran no municipio un carácter uniforme pero sempre respectando as peculiaridades da cada unha”.
As competicións darán comezo ás 11:00 horas co Trail infantil que...
leer másA Fundación Eira da Xoana (Adega), Mariña Patrimonio e a Irmandade Santo Estevo teñen o pracer de convocar a todas as persoas que fixeron unha achega económica para a compra da parcela de Santo Estevo, así como a todas aquelas que queiran unirse a esta celebración, para participar nun xantar de confraternización e un paseo guiado pola fraga de Santo Estevo. “O obxectivo deste evento é celebrar este importante logro e amosar o espazo que estamos a preservar e recuperar, grazas á xenerosidade de todas as persoas que colaboraron nesta iniciativa”, sinalan desde a organización.
O xantar, no que cada participante levará a súa comida, será unha oportunidade para compartir e gozar dun ambiente de compañeirismo e celebración. Este xantar celebrarase en Santo Estevo do Ermo o 27 de xullo arredor das 14.00 horas.
A partir...
leer más