Barreiros
A vicepresidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, Ana Ermida, e a xerente do Plan de Sostibilidade Turística, Tania Hermida, reuníronse en FITUR con membros de Daboecia Arte y Naturaleza, que desenvolverá do 28 ao 30 de marzo en Barreiros o Encontro de Turismo e Observación da Natureza NatureWatch A Mariña Lucense. Na xuntanza aproveitaron para compartir detalles do evento, que incluirá charlas técnicas e divulgativas, saídas de campo e tertulias temáticas.
Os encontros NatureWatch son foros especializados de ecoturismo que se celebran en diferentes puntos de España, atendendo ás características singulares de cada lugar. Teñen como obxectivo contribuír ao impulso do turismo de observación da natureza e no caso da Mariña servirá para poñer en valor os recursos naturais locais e o potencial do territorio para desenvolver...
leer másO Concello de Barreiros pon en marcha unha nova edición do programa educativo Escola de Familias, unha iniciativa que busca proporcionar ferramentas e recursos ás familias para afrontar o reto da educación das crianzas. Este ano o programa desenvolverase en colaboración co colectivo Educando en Familia e contará cun total de seis obradoiros gratuítos que terán lugar nos colexios do municipio.
Os obradoiros son os seguintes: A corresponsabilidade na familia, o 25 de xaneiro de 11:00 a 12:30 horas no CEIP de San Cosme; Construíndo unha autoestima sa en nós e nas nosas crianzas, o 15 de febreiro de 11:00 a 12:30 horas no CEIP de San Miguel; Relacionámonos con afecto, o 15 de marzo de 11:00 a 12:30 horas no CEIP de San Cosme; As habilidades sociais e a comunicación: como ter asertividade?, o 26 de abril de...
leer másA asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros realiza neste 2025 o Camiño de do Mar. Este sábado, 11 de xaneiro, os asistentes farán a etapa comprendida entre Barreiros e San Martiño, en Foz.
O presidente de Camiñantes e Camiños, José Manuel Gómez Puente, explica que “despois de facer todos os anos unha ruta a Santiago neste 2025 decidimos realizar a que máis nos identifica ás veciñas e aos veciños de Barreiros, pero tamén ás outras persoas que participan nestas andainas e que proceden de Ribadeo, de Foz, de Trabada, de moitos puntos da Mariña… decidimos facer o Camiño do Mar, aínda que non é oficial pensamos que en breve terá ese recoñecemento. E nós queremos así aportar o noso gran de area, porque lle temos unha grande estima a esta ruta”.
Gómez Puente dixo que “o noso concello é...
leer másSan Miguel de Reinante, no concello de Barreiros, celebrará a cuarta edición da súa Festa do Caldo o día 25 de xaneiro, sábado. Será cunha cea a partir das 21:00 horas e despois, desde as 23:00 horas, actuará o dúo Estrellas, con entrada libre.
Levarase a cabo nos colexios vellos de San Miguel e os tickets para participar están á venda só en locais desta localidade ata o 20 de xaneiro. O aforo é limitado.
Este evento está organizado pola Comisión de Festas San Rosendo.
O Concello de Barreiros organiza a súa tradicional Andaina e tamén a Carreira Popular Solidaria de Reis, que terán lugar este domingo, 12 de xaneiro, nas inmediacións do Centro Sociocultural de San Cosme.
A xornada dará comezo ás 10:00 horas coa entrega de dorsais. Ás 11:00 horas terá lugar a saída da andaina solidaria, cun percorrido de 9 km e unha dificultade media-baixa.
Posteriormente, realizaranse as probas infantís, organizadas por categorías e adaptadas ás distintas idades, que se sucederán a partir das 11:10 horas. Finalmente, ás 12:00 horas, dará comezo a carreira absoluta cun percorrido de 8 km.
Dani García, concelleiro de Dinamización e Participación Veciñal, destaca o carácter integrador e solidario desta xornada."Este día celebramos moito máis que unha competición deportiva...
leer másA Comisión de Festas de Vilamar, en Barreiros, organiza a décimo terceira edición da súa Festa dos Callos o día 11 de xaneiro, sábado, ás 21:30 horas no Campo da Festa. Será nun local cerrado con calefacción. Estará amenizada coa música do grupo Montreal e o DJ Conxuro.
Para participar hai que reservar a través dos teléfonos 600.804.986 ou 699.252.824. O prazo remata o día 7 de xaneiro.
O Concello de Barreiros anuncia: “as Súas Maxestades de Oriente acaban de comunicarnos a súa visita a Barreiros. Virán o domingo 5. E xa comezarán a visitarnos pola mañá para que lles dea tempo a chegar a todos os recunchos. Lembrade que as horas son aproximadas, que os Magos andan atarefados ese día”.
O percorrido empezará no local social de Vilamar ás 10:15 horas, para continuar polo local social de Cabarcos, a Escola de Gondán, o Teleclub da Rilleira, o local social de San Xusto, o Teleclub de Vilamartín Grande, a Escola de Vilamartín Pequeno e a Escola de Reinante, a onde está previsto que cheguen ás 13:30 horas. E pola tarde percorrerán San Cosme desde a Praza do Concello as 17:30 horas ata o Centro Social, a onde se prevé que cheguen ás 19:00 horas e alí haberá recepción e reparto de agasallos.
“Se aínda non...
leer másO domingo 12 de xaneiro de 2025 a partir das 10:30 horas terá lugar a carreira de Reis, evento deportivo que está organizado pola Concellería de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros. Colaboran: Protección Civil de Barreiros, A.D. Augas Santas, Colectivo Cultural Ollomao e A.D Praias de Comado. Todas as probas terán a saída nas inmediacións do centro sociocultural de San Cosme de Barreiros.
O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 9 de xaneiro nas web www.maiskmsbarreiros.gal ou www.championchipnorte.com.
O Concello de Barreiros anuncia que “o martes 24 de decembro Papá Noel fará unha parada moi especial en Barreiros. Trae a túa carta, os teus desexos e moitas ganas de pasalo ben! Papá Noel estará encantado de coñecer ás crianzas barreirenses antes desa noite tan máxica. Agardámosvos no centro sociocultural de San Cosme ás 17:00 horas”.
Este domingo, día 22 de decembro, o pavillón de San Cosme de Barreiros acollerá un triangular amigable de fútbol sala. Os equipos participantes, todos de categoría prebenxamín, son:Escolas Deportivas de Barreiros, AD Río Ouro e Ribadeo FS.
O Concello de Barreiros anuncia que “os partidos darán comezo ás 10:00 horas e a partir das 12:30 horas haberá inchables con entrada libre para todas as crianzas que se queiran achegar”.