Alfoz
A sala de exposicións do Castelo do Castrodouro, en Alfoz, acolle ata o día 29 de xullo, unha mostra fotográfica de Luis Cristian Carabalí Ferigra.
Baixo o título de "Memorias dun fotógrafo. Paisaxes de A Mariña" recolle instantáneas de diferentes puntos da comarca entre as que se atopan algunhas do propio Castelo do Castrodouro e algunha secuencia do Mercado Medieval de Alfoz.
A mostra precisamente poderase visitar durante a celebración do Mercado Medieval que terá lugar en Alfoz os días 14 e 15 de xullo, compartindo espazo dentro da torre cunha exposición de traxes medievais da deseñadora Reme Espantoso e coa colección de calzado tradicional de madeira da Sala-Museo das Zocas de Alberto Geada.
O Castelo de Castrodouro está aberto actualmente en horario de fins de semana e festivos de...
leer másOs días 1, 2 e 16 de xullo celébranse na parroquia de Mor, no concello de Alfoz, as Festas do San Pedro e do Carme.
Na primeira fin de semana de xullo, o sábado día 1, haberá misa solemne ás 12:30 horas e procesión. De seguido terá lugar a sesión vermú e festa verbena amenizadas coa música de La Favorita e a Disco Móvil Fabrik. Ademais haberá inchables gratis. O domingo, día 2, ás 12:00 horas celebrarase a misa solemne, e de seguido a sesión vermú co Dúo Epo K.
O programa de festas continuará o domingo, 16 de xullo, con misa solemne ás 9:00 e ás 12:00 horas, tras esta última cerimonia terá lugar procesión. Despois terá lugar a sesión vermú e festa verbena amenizadas polo trío Lembranza. Ademais haberá unha cea gratuíta para veciñ@s con sorteo de agasallos.
Unha das novidades introducidas...
leer másA Asociación Cultural Xuvenil O Castelo de Alfoz organiza un xuízo a María Soliña na noite de San Xoán, o vindeiro venres, 23 de xuño.
Os asistentes poderán degustar sardiñas, panceta e chourizo con pan gratis se son socios, e a un prezo de 5 euros para os non socios.
Colaboran na organización desta actividade o Concello de Alfoz, a Deputación de Lugo e A Abala de Fazouro.
O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) organiza o II Festival Músico Vocal Arcadio Mon que se celebra en Alfoz o 3 venres de agosto.
Este ano o festival será no adro da igrexa de San Pedro, no mesmo lugar no que ao día seguinte se celebrará a famosa Festa dos Choferes, e nel participarán famosos artistas do panorama musical galego ademais de celebrarse o concurso para novos talentos musicais como o ano pasado.
A organización fai un chamamento aos xoves con menos de 20 anos que canten ou toquen algún instrumento musical, para que se anoten a este concurso. As persoas interesadas poden facelo no correo electrónico peinoster@gmail.com ou chamando ao número de teléfono 619 38 99 97.
Os organizadores pretenden que este festival perdure no tempo e...
leer másA clausura das IV Olimpiadas Interparroquias de Alfoz 2017 ten lugar o sábado, 20 de maio, cunha cea-baile que se celebrará en Finca Galega.
A venta das entradas para todo o público é a través do número de teléfono 656 663 351.
O prezo é 25 euros para os adultos cun menú composto por pinchos variados, solomillo de porco, postre, café, chupito e viños Albariño e Mencía. Os prezos para o público infantil son 15 euros co mesmo menú que os adultos, e 10€ cun menú de froitos variados.
A cea dará comezo ás 22:00 horas e o baile estará amenizado coa música de O Xilo.
O mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, ten lugar en Alfoz unha homenaxe ao escritor ao que se dedica este ano, Carlos Casares.
Os actos comezan ás 17:30 horas no salón de actos do Centro Sociocultural de Alfoz cunha conferencia de Lionel Rexes. Despois haberá un gran xogo sobre as Letras Galegas dentro do programa Ler conta moito e a actuación do Coro Virxe das Dores de Ferreira do Valadouro.
O programa continúa cunha representación teatral do grupo Bule-Bule tártaro fusión (Trangalleiros de Lourenzá e Raiolas de Alfoz) estreando a obra Xente con xente. Finalmente terá lugar a entrega de premios Trulasqui.
Durante as fins de semana do mes de maio, en horario de 11 a 14 e de 16 a 20, poderase visitar no primeiro andar do Castelo do Castrodouro a exposición titulada "Galicia, Biodiversidade" cedida polo CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.
A través desta exposición poderase coñecer a diversidade de especies animais e vexetais que se poden atopar en Galicia, os ecosistemas que habitan, e as múltiples formas de ameaza que poden afectar ás súas poboacións.
Nela atoparanse as principais especies galegas de flora e fauna, as súas características, os factores que poñen en perigo a súa supervivencia e as ferramentas que existen hoxe en día para a súa protección. E tamén coñecer a importancia que ten a conservación das variedades xenéticas para a actividade humana.
A oficina de turismo de Alfoz, ao igual que o Castelo de Castrodouro, terán un horario especial durante a Semana Santa.
Estas instalacións permanecerán abertas dende o luns, 10 de abril, ata o domingo, día 16, en horario de 11:00 a 14:00 horas polas mañás, e de 16:00 a 19:00 horas ás tardes.
Na actualidade o Castelo de Castrodouro acolle tres exposicións. Unha delas é a recreación dunha antiga escola, e outra mostra refírese ao cambio climático, os seus efectos e as súas posibles solución. Ademais no Castelo tamén se pode visitar o Museo das Zocas, e o miradoiro ao aire libre no alto da torre. A entrada é gratuíta.
A terceira edición da Ruta das Tapas de Alfoz terá lugar do 14 ao 16 de abril en sete locais hosteleiros, bares e restaurantes.
Os establecementos participantes nesta cita gastronómica son: Parrillada Bar San Pedro, O Bar de Elvira, Casa Pereiras, Bar Rodolfo, Restaurante O Frenazo, Bodegón Ponte de Pau e Restaurante A Naranxa.
Sortearanse tres premios de 200 euros en vales de compra entre aqueles que se acheguen a degustar as preparacións dos distintos locais nesta 3ª Ruta das Tapas.
Organiza o Concello de Alfoz e colabora a Deputación Provincial de Lugo.
O venres 14 haberá ademais unha ruta de sendeirismo á Pena Abaladoira, organizada por O Freixo do Lobos en colaboración co Concello de Alfoz. Para anotarse a esta ruta poden chamar ao 657 84 92 00. Ademais,...
leer másO vindeiro 13 de maio ás 22 horas no Restaurante A Naranxa de Alfoz, celebrarase unha Cea Benéfica a favor da Asociación Española Contra o Cancro (Aecc). O evento é promovido por un grupo de veciñas e veciños de Alfoz interesados en colaborar no desenrolo e mantemento dos proxectos e servizos da Aecc. Os promotores asinaron hoxe en Alfoz un convenio de compromiso de doazón de forma que os beneficios obtidos na recadación da cea (5 € de donativo por comensal) así como os obtidos da venta de rifas durante o evento serán entregados á Asociación Española Contra o Cancro. No acto participaron varios dos membros da organización así como membros da directiva da Aecc de Lugo, entre as que se atopaba a presidenta do colectivo Mariluz Abella.
As invitacións para a cea poderanse adquirir no propio restaurante ou a través de calquera dos membros da...
leer más