Jazz

Etiquetas:
20/11/2024

O estadounidense Cyrus Chestnut Trío abrirá a décima edición do Festival de Jazz&Blues de Ribadeo este sábado, día 23 de novembro ás 20:00 horas, no auditorio municipal Hernán Naval. As entradas están á venda en ataquilla.com.

A promotora deste festival, Game Over Productions, explica que “Cyrus Chestnut é un pianista que creceu en Baltimore e ten tras de si unha historia fortemente ligada aos estilos de cada unha das estrelas coas que tivo o privilexio de compartir música. Desde Wynton Marsalis a Dizzy Gillespie, desde Betty Carter a Freddie Hubbard, desde Jon Hendricks a Kevin Mahogany. E, por encima de todo, está a súa paixón polo góspel e pola tradición do piano de jazz. Un músico que evita sempre a estandarización, fomenta unha inventiva repleta de alusións á vasta historia desta música e sabe asentar como poucos en pracenteiros...

leer más
Etiquetas:
13/11/2024

Do 23 de novembro ao 7 de decembro terá lugar o X Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, que foi presentado no Concello. 

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “chega unha cita tradicional da axenda cultural do outono en Ribadeo. O Festival de Jazz & Blues, que se ven celebrando na nosa vila coa participación dos mellores músicos galegos, nacionais e internacionais da música negra en xeral, tanto de jazz como de blues, soul, funky ou góspel”.

A edil ribadense contou que “esta edición inclúe tamén unha masterclass na Escola Municipal de Música de Ribadeo a cargo de Ángeles Dorrío, que estará dirixida principalmente ao alumnado do centro”.

Sanjurjo dixo que “polo X Festival de Jazz & Blues de Ribadeo pasarán este ano: Cyrus Chestnut Trío o día 23 de novembro; J.P...

leer más
Etiquetas:
24/11/2023

O IX Festival de Jazz & Blues de Ribadeo desenvolverase do 2 ao 9 de decembro. Están programados catro concertos no Auditorio Municipal. As entradas están xa á venda. Na presentación participaron o alcalde, Deni Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. 

A edil ribadense contou que “do 2 ao 9 de decembro terá lugar en Ribadeo a novena edición do Festival de Jazz & Blues. Temos programados 4 concertos, que serán no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 20:30 horas. As entradas xa se atopan á venda en www.ataquilla.com O prezo oscila entre os 10 e os 15 euros”. 

Sanjurjo explicou que “o día 2 estará en Ribadeo Andrea Motis, o 6 de decembro gozaremos de Drumless Trío, o día 8 contaremos coa actuación de The Cinelli Brothers e o 9 culminaremos esta novena edición...

leer más
Etiquetas:
02/06/2023

Do 30 de xuño ao 2 de xullo celebrarase en Ribadeo a décimo primeira edición do Curso de Iniciación ó Jazz e Música Moderna organizado pola asociación Bruar.

A actividade será impartida por Hansel Díez co vento, Carmen Rey coa voz, Javier Constenla ao piano, Chus Pazos á batería e Virxilio da Silva á guitarra.

Este curso terá lugar na Escola Municipal de Música e Danza do Concello de Ribadeo.

As persoas interesadas poden obter máis información no número de teléfono 677 734 084.

Etiquetas:
01/12/2022

A gastronomía protagoniza as actividades do oitavo Festival de Jazz e Blues de Ribadeo programadas para esta fin de semana. Haberá demostracións de elaboración de comidas e de bebidas o sábado e o domingo na carpa instalada no parque de San Francisco e cea concerto o sábado no restaurante El Oviedo.

Este sábado, 3 de decembro, desenvolveranse dúas actividades gastronómicas: ás 19:30 horas un showcooking a cargo do cociñeiro, comunicador e divulgador Lucas Requejo, que preparará pratos elaborados con alimentos da provincia lucense integrados na plataforma Son de Lugo e ofrecerá unha degustación nunha carpa instalada no parque de San Francisco, dentro da iniciativa denominada Jazztronomía, con acceso gratuíto; e ás 21:30 horas terá lugar unha cea concerto no restaurante El Oviedo, na que actuará a cantante Carmen Rey, que estudou no...

leer más
Etiquetas:
22/11/2022

A oitava edición do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo inclúe seis concertos no auditorio municipal Hernán Naval, un taller de canto, unha exposición e actividades gastronómicas, como tres ceas concerto. O evento celebrarase desde este venres, día 25, ata o 11 de decembro, e as entradas están á venda na web gameroverpro.es, onde tamén se pode mercar un abono para cinco concertos.

As actividades do festival comezarán coa inauguración dunha exposición retrospectiva sobre as anteriores edicións na oficina de turismo ribadense. Será este venres ás 20:30 horas. E despois terá lugar no restaurante Javier Montero a primeira cea concerto, na que actuará Pablo Sanmamed Trío. Pablo Sanmamed é un contrabaixista e compositor nacido en Santiago de Compostela, estudou piano e violonchelo no Conservatorio Superior de Música de Santiago e posteriormente...

leer más
Etiquetas:
17/11/2022

O Pazo de Ibáñez acolleu a presentación do VIII Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, que se desenvolverá do 25 de novembro ao 11 de decembro. 

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo: “presentamos hoxe unha nova edición do Festival de Jazz &Blues de Ribadeo, que se vai desenvolver do 25 de novembro ao 11 de decembro cun amplo abano de actividades”.

A edil ribadense explicou que “teremos unha exposición retrospectiva destes anos do Festival, haberá un taller de canto, gastronomía e jazz (Jazztronomía) na carpa que estará situada no parque de San Francisco, haberá tres ceas concerto e seis concertos con grupos procedentes de Asturias, País Vasco, Cantabria, Cuba, USA e Francia”.

Para Otero Cabarcos: “o Festival de Jazz & Blues de Ribadeo é xa unha cita consolidada na nosa...

leer más
Etiquetas:
18/07/2022

A asociación Bruar organiza a décima edición do curso de Iniciación ao Jazz, Improvisación e Música Moderna de Ribadeo que se desenvolverá dos días 29 e 31 de xullo.

A actividade, que terá lugar na Escola Municipal de Música e Danza, será impartida por Javier Constenla ao piano, Gileno Santana á trompeta, José García ao saxofón, Aurora Arteaga á voz, Virxilio Da Silva á guitarra e Chus Pazos á batería.
As persoas interesadas poden solicitar máis información no número de teléfono 677 734 084.

Colaboran na organización deste curso: Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo. 

Etiquetas:
01/12/2021

Do 4 ao 11 de decembro terá lugar en Ribadeo o VII Festival de Jazz & Blues. Polo escenario do Auditorio Municipal pasarán Marlango, Austin Slack e Alfredo García Quintet. O evento foi presentado no Concello de Ribadeo. 

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo: “é un pracer para nós poder anunciar unha nova edición do Festival de Jazz & Blues de Ribadeo. Nestes tempos tan inseguros por causa da pandemia volvemos dicir que o da cultura é un ámbito que se revelou seguro, pois desde o principio se cumpriron estritamente as medidas vixentes. Asistir a actos culturais foi e segue a ser unha maneira de volver ter normalidade, de seguir socializando con amigos e veciñanza e tamén de contribuír a que o sector económico que xira arredor dos espectáculos poida manter os postos de traballo”.

A edil ribadense...

leer más
Etiquetas:
23/11/2021

Entre os días 4 e 11 de decembro celébrase en Ribadeo a sétima edición do Festival de Jazz & Blues de Ribadeo. As actuacións terán lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 20:00 horas. As entradas numeradas están á venda en https://www.gameoverpro.es. 

O sábado, 4 de decembro, o festival dará comezo co concerto que ofrecerá Marlango. Este grupo, con claras influencias de jazz e blues, xurde a finais dos 90 en Madrid e está formado por Leonor Watling e Alejandro Pelayo, que agora presentan o seu novo traballo, realizado durante o confinamento, titulado La Cruda.

O 8 de decembro o festival continuará coa actuación de Austin Slack, músico británico que con tan só 21 anos, ten tocado en máis de 1.400 concertos e colaborado con bandas como Maná e Love of Lesbian,...

leer más