O mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, ten lugar en Alfoz unha homenaxe ao escritor ao que se dedica este ano, Carlos Casares.
Os actos comezan ás 17:30 horas no salón de actos do Centro Sociocultural de Alfoz cunha conferencia de Lionel Rexes. Despois haberá un gran xogo sobre as Letras Galegas dentro do programa Ler conta moito e a actuación do Coro Virxe das Dores de Ferreira do Valadouro.
O programa continúa cunha representación teatral do grupo Bule-Bule tártaro fusión (Trangalleiros de Lourenzá e Raiolas de Alfoz) estreando a obra Xente con xente. Finalmente terá lugar a entrega de premios Trulasqui.