O vindeiro 13 de maio ás 22 horas no Restaurante A Naranxa de Alfoz, celebrarase unha Cea Benéfica a favor da Asociación Española Contra o Cancro (Aecc). O evento é promovido por un grupo de veciñas e veciños de Alfoz interesados en colaborar no desenrolo e mantemento dos proxectos e servizos da Aecc. Os promotores asinaron hoxe en Alfoz un convenio de compromiso de doazón de forma que os beneficios obtidos na recadación da cea (5 € de donativo por comensal) así como os obtidos da venta de rifas durante o evento serán entregados á Asociación Española Contra o Cancro. No acto participaron varios dos membros da organización así como membros da directiva da Aecc de Lugo, entre as que se atopaba a presidenta do colectivo Mariluz Abella.
As invitacións para a cea poderanse adquirir no propio restaurante ou a través de calquera dos membros da organización ao prezo de 30 €, tamén haberá menú infantil a 15 €. Desde a organización agradecen a colaboración do comercio local, na doazón de diferentes lotes que se sortearán durante o evento.