A terceira edición da Ruta das Tapas de Alfoz terá lugar do 14 ao 16 de abril en sete locais hosteleiros, bares e restaurantes.
Os establecementos participantes nesta cita gastronómica son: Parrillada Bar San Pedro, O Bar de Elvira, Casa Pereiras, Bar Rodolfo, Restaurante O Frenazo, Bodegón Ponte de Pau e Restaurante A Naranxa.
Sortearanse tres premios de 200 euros en vales de compra entre aqueles que se acheguen a degustar as preparacións dos distintos locais nesta 3ª Ruta das Tapas.
Organiza o Concello de Alfoz e colabora a Deputación Provincial de Lugo.
O venres 14 haberá ademais unha ruta de sendeirismo á Pena Abaladoira, organizada por O Freixo do Lobos en colaboración co Concello de Alfoz. Para anotarse a esta ruta poden chamar ao 657 84 92 00. Ademais, durante esta xornada, un microbús percorrerá Alfoz con paradas nos bares participantes e no Castelo de Castrodouro, que permanecerá aberto durante esta Semana Santa en horario de mañá de 11 a 14 e de tarde de 16 a 19.