Tapas
Os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro celebrarase o habitual concurso de tapas da cidade episcopal. O evento, organizado pola hostalería de Mondoñedo, conta coa colaboración do Concello de Mondoñedo e da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo.
O Concello de Mondoñedo anuncia que “vén de presentarse un habitual da gastronomía da provincia de Lugo dos finais de novembro, o concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo, para que podas “Rematar novembro e comezar decembro tapeando en Mondoñedo! Un ano máis a hostalería da cidade episcopal ten lista unha nova edición do concurso de tapas de Mondoñedo no que combinan o produto local de primeira calidade coa creatividade da cociña mindoniense. As datas de celebración serán o venres día 29 de 20 a 23 horas, sábado 30 de novembro de 12 a 15 horas e de 20 a 23 horas e...
leer másMañá, mércores, da comezo unha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA. E o xoves inícianse as Santas Tapas para dinamizar a hostalería local ao longo das vindeiras xornadas.
Os días 27, 28 e 30 de marzo volve un clásico como é o Comercio na Rúa. Nesta nova edición Fóra Stocks danse cita máis de trinta comercios, que ofrecerán promocións e descontos moi interesantes.
En Fora Stocks participan: 5 Lobiños, Alain Afflelou, Antigüedades Álvarez, Arrullos, Briz Peluquería, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Koquetas, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, Ofifoz, Thecé, Unique-2, Vas’s, Vas’s Outlet e Xoguetería...
leer másXa está todo listo en Foz para a celebración das Santas Tapas do 28 ao 30 de marzo e para unha nova edición do Comercio na Rúa os días 27, 28 e 30. Ambas actividades están organizadas por AciaFozCCA.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “a cita gastronómica denominámola Santas Tapas. Os pequenos bocados elaborados polos locais participantes poderanse degustar tanto ao mediodía como pola noite”. Trátase de: Anduriña, Augas Santas, Bar 78, Dandy, Los Dulces de Delphin, Mexideli e Xoyma.
Paleo dixo que “o que pretendemos é contar cun aliciente gastronómico para o disfrute da xente que ven pasar a súa Semana Santa a Foz ou a outras localidades próximas. Levamos moitos anos organizando a ruta de tapas, que sempre tivo unha grande acollida na clientela, e agardamos que as Santas Tapas tamén sexan...
leer másA Pontenova celebrará este sábado, 10 de febreiro, unha ruta de tapas de Entroido, na que participan seis establecementos hostaleiros: O Lar de Balbina, Sidrería A Mina, Cafetería Casa da Cultura, Rony Bar, Bar Puente e Restaurante San Briz.
Entre os clientes que selen a súa tarxeta en todos os establecementos sortearanse vales regalo de 50 euros para gastar no comercio da Pontenova.
É unha iniciativa organizada polo Centro de Iniciativas Turísticas da Pontenova coa colaboración do Concello.
A hostalería de Mondoñedo, coa colaboración do Concello, organizan a XVI edición do Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo. Será os días 24, 25 e 26 de novembro -venres, sábado e domingo- e participarán: A Taberna da Galiana, Bodegón A Catedral, Faragullas, Viñoteca O Petisco, O Palique, O Rincón de Mondoñedo, O Porriño e A Bodeguiña.
As tapas poderán degustarse o venres pola noite, o sábado ao mediodía e á noite e o domingo ao mediodía. Cada local presentará as súas creacións que serán xulgadas por todas aquelas persoas que se acheguen a probalas. Entre as votacións do público sortearanse agasallos para agradecer a súa colaboración.
O Concello de Riotorto organiza a sexta edición da Ruta de Tapas para os días 1 e 2 de decembro, venres e sábado. Participarán cinco establecementos: Mesón Novo América, Casa Rivas, Casa Rodil, Confitería Irma e Mesón O de Sempre.
O prezo de cada tapa será de 2,50 euros e sortearanse cinco premios: 200 euros, 100 euros e 3 vales de 50 euros de Queixos Don Hilario, Cárnicos O Mazo e Panadería Cartiere.
Este próximo xoves, 19 de outubro, volve o Sanci Tapeando á hostalería de San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita gastronómica, na que participan a cafetería Aquelarre, Cervecería Las Titas, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, A Bodega de Ana e a Pizzería O Trasgo, foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, polo edil de Turismo, David Rodríguez, e por unha representación dos locais que se sumaron á proposta.
Cada semana os establecementos participantes nesta iniciativa que botou a andar no ano 2018, ofrecerán unha tapa diferente e elaborada a un prezo de 2,5 euros.
Os clientes dos xoves, terán a posibilidade de participar nun sorteo de dous vales, de 200 e de 100 euros, para consumir nos locais participantes.
As propostas para este...
leer másXa se coñecen os gañadores do Ribadeo de Tapeo de 2023, que se desenvolveu do 13 ao 21 de maio en trinta locais hostaleiros da vila.
O xurado profesional, composto por César Couceiro, Elisabet Castro e Iago Álvarez, resolveu que os gañadores do XVI Ribadeo de Tapeo sexan os seguintes:
-1º premio: Bar Queimada coa tapa Eijo
-2º premio: Ramonita coa tapa Ravioli de cocido gallego
-3º premio: El Oviedo coa tapa Xiba, lentella, caviar e manteiga café
-A Tapa Ribadeo foi para o Molete mariño do restaurante Marinero e recibiu unha mención especial por ser pensada para todo o público, por empregar na súa elaboración produto de proximidade e pola súa creatividade a Oda á terra do Kalpa Amodiño.
Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, agradece “a participación de todos os...
leer másA sexta edición da Ruta das Tapas na Pontenova, organizada polo Concello, celébrase os día 25 e 26 de novembro, venres e sábado, de oito da tarde a once da noite.
Participan Bar Puente, Casa de Cultura, O Lar de Balbina, Lennon, Rony Bar e San Briz.
Entre as tarxetas que estean seladas completamente sortearanse de premios de 150, 100 e 50 euros.
O prezo de cada tapa é de 2 euros.
Será en horario de 20:00 a 23:00 horas o venres; de 12:00 a 15:00 horas e de 20:00 a 23:00 horas o sábado; e do domingo de 12:00 a 15:00 horas. Na cita participan sete locais hostaleiros: Cervexaría Abadía, A Bodeguiña, Vinoteca O Petisco, O Palique, O Rincón de Mondoñedo, Bar Amencer e Cafetería Daira. O prezo das tapas será de 3 euros.
Haberá premios para as 3 mellores tapas valoradas polo público. Os pasaportes dos tapeadores deberán ter o selo de polo menos seus locais para ser válidos.