Alfoz
Durante a Semana Santa e fins de semana do mes de abril, o Castelo do Castrodouro en Alfoz acolle a exposición titulada O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción.
Esta mostra sobre o cambio climático é cedida polo CEIDA – Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, e está baseada no proxecto Clarity –Acción Educativa por el Clima- que pretende contribuír ao coñecemento do fenómeno do cambio climático, as súas causas e as respostas que se están propoñendo para facerlle fronte.
A produción da exposición correu a cargo do CEIDA e INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvementol Sostible, o Ministerio de Medio Ambiente, a Alianza del clima e a...
leer másO autor e actor de teatro Pepe Peinó presenta o seu libro Vinte obras de teatro afeccionado, o 16 de abril ás 12:00 horas na Casa da Cultura de Alfoz.
Pepe Peinó ten escrito máis de medio centenar de obras de teatro cómicas que se representaron por decenas de escenarios da provincia de Lugo e do occidente asturiano. O autor fixo unha escolma de vinte desas obras que recolle nesta publicación que agora presenta.
O prólogo do libro é obra de Manuel Lourenzo e Pepe Blanco das ilustracións. Pepe Peinó manifesta o seu agradecemento a ambos, e cualifica a Manuel Lourenzo como “mestre insigne no eido teatral”, e de Pepe Blanco di que “é o incomparable artista que durante tantos anos deseñou os debuxos da fábrica de Sargadelos”.
A presentación correrá a cargo de Matías Nicieza, e nela Pepe Peinó...
leer másO Mondoñedo FC celebra o seu xa tradicional día solidario este domingo, 26 de marzo, no partido que o enfrontará ao CD Alfoz na 27 xornada de liga de Segunda Autonómica. Será a partir das seis da tarde.
Neste partido, como todos os anos, os afeccionados que se acheguen ao campo mindoniense poderán trocar alimentos non perecedoiros pola entrada para ver este encontro de fútbol.
Os organizadores desta xornada solidaria salientan a grande acollida que sempre ten este acto co numeroso publico que acode todos os domingos ao Viñas da Veiga, e que neste día tan especial responde masivamente á chamada do Mondoñedo FC.
Todos os alimentos recollidos son doados a Cáritas Mondoñedo que ano tras ano colabora nesta boa iniciativa.
O vindeiro mes de abril celebraranse as VI Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz que se levarán a cabo seguindo as seguintes datas, horarios e lugares de celebración:
- Probas Deportivas: Sábado 1 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Probas Culturais: Sábado 8 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Probas Artísticas: Sábado 15 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Xogos Populares: Sábado 22 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
Como cada ano existirán novidades respecto a edicións pasadas, que foron debatidas cos capitáns das distintas parroquias nunha reunión que se celebrou no día onte. Entre as novidades pódese destacar que na proba deportiva este ano haberá catro probas polo que se dará a posibilidade de participar a xogadores de distintas...
leer másPor terceiro ano consecutivo Veciños Independentes de Alfoz convoca unha ofrenda floral que se levará a cabo o vindeiro domingo, 12 de marzo, ás 12:30 horas nas inmediacións do Castelo de Castro de Ouro. No acto, Carmen Geada, representante de VIA no goberno municipal e Concelleira de Igualdade e Benestar en Alfoz, dirixirá unhas palabras coa intención de facer unha homenaxe a todas as mulleres en xeral e, sobre todo, a todas as mulleres de Alfoz, a aquelas que nos deixaron e que tanto traballaron por este concello, e ás que seguen a loitar polo futuro do seu pobo onde queren seguir vivindo. Para finalizar a homenaxe depositaranse doce caraveis brancos no cruceiro do Castelo de Castro de Ouro, brancos como símbolo da paz e doce por ser os meses do ano, pois debemos honrar ás nosas mulleres tódolos días.
Veciños Independentes de Alfoz...
leer másA Asociación Cultural Xuvenil O Castelo de Alfoz organiza un concurso de disfraces que se celebrará o día 27 de febreiro. Dará comezo ás 21:30 horas e as inscricións poderán facerse a partir das 20:00 horas.
Os premios na categoría infantil, ata 12 anos, serán en individuais 50 euros para o primeiro, 40€ para o segundo e 20€ para o terceiro. En parellas o primeiro premio será de 60 euros, 50€ o segundo e 30€ o terceiro. En grupos o primeiro premio recibirá 90 euros, 60€ o segundo e 40€ o terceiro.
Na categoría de adultos, maiores de 12 anos, en Individuais o primeiro premio será de 80 euros, 60€ o segundo e 30€ o terceiro. En parellas o primeiro premio recibirá 100 euros, 70€ o segundo e 40€ o terceiro. En grupos o primeiro premio será de 150 euros, 100€ o segundo e 50€ o terceiro.
Na...
leer másO 18 de febreiro comeza a quinta edición do Festi-Val de Cine de Alfoz e O Valadouro, que este ano presenta como novidade catro documentais sobre temas do Valadouro, impulsados desde o Seminario de Estudos do Valadouro e rodadas por Caloipe Producións. Durante esta edición estarán presentes varios dos directores das películas: Pablo Ces de “O eslabón perdido”, Simón Casal de “Lobos sucios” e Alberto Vázquez de “Psiconautas”. As proxeccións terán lugar na Casa da Cultura de Alfoz ás 19:00 horas.
O sábado 18 de febreiro proxectarase os documentais “O eslabón perdido” e “Proba artística das III Olimpiadas Interparroquiais de Alfoz 2016”.
O día 4 de marzo exhibirase a película “Sicixia” e o documental “Antigas tabernas de Ferreira do Valadouro”. O Festival continuará o día 11 de marzo coa película de animación para...
leer más