Na noite de San Xoán, o 23 de xuño, en Alfoz organizan un xuízo a María Soliña. Haberá festa con sardiñas, panceta e chourizo.

A Asociación Cultural Xuvenil O Castelo de Alfoz organiza un xuízo a María Soliña na noite de San Xoán, o vindeiro venres, 23 de xuño. 

Os asistentes poderán degustar sardiñas, panceta e chourizo con pan gratis se son socios, e a un prezo de 5 euros para os non socios.

Colaboran na organización desta actividade o Concello de Alfoz, a Deputación de Lugo e A Abala de Fazouro.