Maraxes da Osa

14/03/2025

Burela acollerá un ciclo de concertos, titulado Maraxes da Osa, que empezará o día 11 de abril, venres, coa actuación da cantante canaria Marilia Monzón.

Os organizadores explican que “Maraxes quere converterse nunha brisa suave que entre na Mariña de Lugo disfrazada de ciclo de concertos.
Damos inicio ao primeiro coa cantante e compositora Marilia Monzón”. Será o venres 11 de abril ás 21:00 horas (apertura de portas ás 20:30) na Casa da Cultura.

A segunda actuación do ciclo será da cantante e compositora Mercedes Cañas o sábado 10 de maio ás 21:00 horas (apertura de portas ás 20:30), tamén  na Casa da Cultura de Burela.

As entradas para estes dous concertos están á venda na web  www.wegow.com.