A XXXVIII Semana do Teatro Afeccionado do Valadouro celébrase do 31 de agosto ao 6 de setembro

A trixésimo oitava edición da Semana do Teatro Afeccionado do Valadouro celebrarase desde o día 31 de agosto, sábado, ata o 6 de setembro, venres, no salón de actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro, con entrada de balde. Todas as representacións serán ás 22:00 horas.

O Concello do Valadouro anuncia: “nesta edición contamos con grupos de fóra e do sur da provincia de Lugo, sen esquecernos da representación mariñá nin dos grupos locais. Un dos grupos é a primeira vez que acude ó Valadouro e o resto é raro que se hai obra en cartel non acudan ó escenario da Casa da Cultura dentro da programación da Semana do Teatro ou mesmo noutras citas que coordina a Concellería de Cultura do Concello do Valadouro. Para que este programa se leve adiante cóntase coa axuda Xunta de Galicia”.

O día 31 de agosto o grupo da Asociación Cultural e de Teatro Pedroso, de Narón, representará "A Inmortal".

O 1 de setembro o grupo humorístico Trípode, de Alfoz e O Valadouro, estrea o seu traballo "A presa".

O 2 de setembro o Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, representa un dos seus últimos traballos: "Pan con chocolate".

O 3 de setembro o grupo da Asociación Dramatúrxica Pico do Castro, de Foz,  interpreta a obra "Trato a cegas".

O 4 de setembro o grupo Metátese Teatro, de Palas de Rei, escenificará "Na procura dun traballo".

O 5 de setembro o grupo A Adala Futura, de Fazouro (Foz), representará a creación propia " Rosalía café".

E o 6 setembro o grupo local Os Pícaros de Lagoa actuará co seu traballo "Os Tres pés".

“Teatro de todas os estilos e vertentes para disfrutar de balde no Valadouro”, destaca o Concello.