Teatro
O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Mondoñedo anuncia que os premios dos concursos de debuxo e relato curto Mondoñedo en Igualdade serán entregados nun acto que se celebrará o 23 de marzo, sábado, no Auditorio Municipal Pascual Veiga.
Ás 17:00 será a entrega dos premios e media hora despois Trécola Teatro ofrecerá o contactontos “E ti, que queres ser de maior?”.
O xoves 21 de marzo Monicreques de Kukas presenta "Xan Perillán, compra queixo, compra pan" para o alumnado do CEIP Castro de Ouro, dentro da programación Cultura Pequeniña do Concello de Alfoz.
Ás 15:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura os nenos e nenas do CEIP Castro de Ouro de Alfoz e tamén todas as demais persoas que queiran asistir desfrutarán dun espectáculo que mestura o pallaso e a pantomima cos monicreques e a maxia, compaxinando o ocio e o divertimento coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables e respectuosos co medio ambiente e a ecoloxía, anuncia o Concello de Alfoz.
Tarabela Teatro chega o sábado, 9 de marzo, a Viveiro con “Boa sorte, mala fama”. Será no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas. O elenco artístico está formado por Carmen Conde (narración oral), Mariña Pena (elenco) e Nastasia Zürcher (música ao vivo)
Sempre se soubo, claro está, que as anduriñas son aves de bo agoiro, que alí onde aniñan traen fortuna, que anuncian a primavera e que os mariñeiros as tatuaban na pel por cada travesía da que lograban retornar. Pouco se fala, en cambio, do molestas que se lle fan a moita xente co seu canto agudo e de que enchen todo de excrementos. Por iso estas aves dan boa sorte, pero teñen mala fama. Ningún outro animal se parece tanto aos emigrantes galegos: estamos en cada continente, vivimos facendo colonias, temos na cabeza o camiño de volta a casa e marchamos por necesidade. E, igual que as anduriñas, gañamos mala fama,...
leer másO grupo de teatro A Adala, de Fazouro, representa a obra titulada “Marina Club” en Trabada este sábado, 2 de marzo. Será ás 21:00 horas na Casa da Cultura.
Nesta actividade colabora o Concello de Trabada.
O clown Roi Borrallas chega o vindeiro domingo, 3 de marzo, a Viveiro co seu espectáculo “Solo”, destinado para nenas e nenos a partir de cinco anos. Será ás 18 horas no Teatro Pastor Díaz.
O hábitat natural de calquera pallaso é a escena, co seu público. Pero que pasa cando queda só? É no camerino onde se mestura a persoa e o personaxe. Onde se desdebuxa a liña que os separa. Un limbo que non é o escenario nin a vida real. É nesa fronteira onde ten lugar este espectáculo… Pasen e vexan a trastenda deste artista, as súas ideas e tolemias. Vexan como se defende da soidade e a rutina con imaxinación e humor. Pasen e vexan o que ninguén ve. Unha persoa ante si mesma. Un actor sen público, un pallaso cando ninguén o observa.
A compañía Talía Teatro presentará a obra titulada “Unha inimiga do pobo” o sábado 16 de marzo ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. Estaba programada para o pasado sábado, 24 de febreiro, pero tivo que ser aprazada debido á baixa por enfermidade dun dos actores, explicou o Concello de Viveiro.
“Unha inimiga do pobo” é un drama para público adulto, ten unha duración de 90 minutos, o director é Tito Asorey, que tamén fixo a adaptación xunto a Vanesa Sotelo, e o elenco está formado por Marta Lado, Toño Casais, Dani Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo e Xurxo Barcala.
Talía Teatro explica que “Unha inimiga do pobo é a adaptación dunha das pezas máis significativas da literatura dramática universal. Cento corenta anos despois o texto de Henrik Ibsen segue a servir de material...
leer másCoco El Musical Recuérdame chegará por primeira vez a Ribadeo o vindeiro 4 de maio ás cinco da tarde. As entradas para este espectáculo infantil e familiar xa están á venda.
Trátase da grande xira do quinto aniversario deste musical que desde 2018 conta con cheos absolutos nas súas funcións. Xa foi visto e aclamado por máis de 600.000 espectadores nos principais espazos escénicos de España.
Da prestixiosa Compañía de Teatro Musical de España e baixo a dirección do mítico actor e director dos grandes musicais de España, Pedro Pomares, deleitarán aos asistentes cun dos grandes musicais dos últimos anos, con voces en directo e cun apaixonante espectáculo que emocionará a toda a familia.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, declarou que “desde o Concello estamos encantados de recibir...
leer másA compañía Elefante Elegante representará a obra de teatro familiar titulada Cubo este domingo, 25 de febreiro, en Ribadeo. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 17:30 horas.
É unha creación destinada ao público familiar e infantil, a partir dos 4 anos preferentemente. O espectáculo ten orixe na abstracción desta figura xeométrica e parte da situación de confinamento para evocar a amizade, as separacións, a necesidade de descubrir o mundo e a aventura de medrar.
A estrutura escenográfica ten 2 metros de lado e as súas caras ábrense, péchanse, móntanse e desmóntanse. A figura xeométrica de 8 metros cúbicos é incriblemente sólida para soportar os corpos dos intérpretes e maxicamente lixeira para erguerse e xirar polo escenario como un enorme xoguete de madeira.
O Concello de Foz celebra o Día de Rosalía este venres, 23 de febreiro, cunha representación teatral familiar con monicreques titulada A viaxe de Rosalía.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “o 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, esa data na que veu ao mundo a nosa poetisa emblema, un símbolo desa Galicia que loita cada día. Queremos que os máis pequenos medren coñecendo a súa terra, a súa historia e as mulleres fortes que a forman e a formaron”.
A viaxe de Rosalía é unha obra con monicreques que conta a traxectoria vital de Rosalía. Da boca de Francisca, que a coidou desde nena, vamos percorrendo a súa vida cotiá e a súa obra. É unha obra familiar de 50 minutos para todos os públicos. Será este venres 23 na Casa da Cultura ás 18:30 horas. A entrada é gratuíta.
... leer másA compañía Talía Teatro presentará a obra titulada “Unha inimiga do pobo” este sábado, 24 de febreiro, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.
É un drama para público adulto, ten unha duración de 90 minutos, o director é Tito Asorey, que tamén fixo a adaptación xunto a Vanesa Sotelo, e o elenco está formado por Marta Lado, Toño Casais, Dani Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo e Xurxo Barcala.
Talía Teatro explica que “Unha inimiga do pobo é a adaptación dunha das pezas máis significativas da literatura dramática universal. Cento corenta anos despois o texto de Henrik Ibsen segue a servir de material inflamable para denunciar unha forma de facer política que antepón os beneficios económicos sobre a saúde da poboación, ao tempo que permite reflexionar sobre o poder dos medios de...
leer más