Teatro
19/01/2016
Este domingo, 24 de xaneiro, haberá teatro no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Ás 18 horas o grupo A Rabela, de Baralla, porá en escena a obra “Balbina a adiviña”.
A cita está organizada pola Concellería de Cultura e pola Oficina de Información Xuvenil.
10/01/2016
O Goberno local do Concello de Mondoñedo dedicará un ciclo de teatro neste ano 2016 á figura da actriz Manuela Rei. Os últimos sábados de mes haberá función ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga. A alcaldesa, a popular Elena Candia, sinala que no verán se intentará que a actividade teatral se desenvolva na rúa.
No marco deste recoñecemento, que se inscribe na programación de dinamización cultural do novo equipo de Goberno, o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa, presentará o 2 de abril unha revista oral dentro do proxecto Profalías na Casa da Xuventude. Esta iniciativa está coordinada por Antonio Reigosa desde a sección de Literatura oral da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e recollerá información sobre a figura da...
leer más 31/12/2015
O Auditorio Municipal de Ribadeo acolle o vindeiro luns, 4 de xaneiro, o espectáculo Os tres porquiños, da compañía Educa Teatro, que mestura o conto tradicional con pezas musicais e coreografías. A cita é as 17:30 horas.
A peza tratar a achegarse á vida dos tres porquiños e o lobo feroz nos nosos días e pregúntase se poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casas. A fábula orixinal modernizada e adaptada aos tempos que corren intenta transmitir aos máis pequenos os valores de respecto e protección da natureza, a solidariedade ou o esforzo. A técnica dramática empregada para a obra é a dos corpóreos, personaxes a tamaño real que recrean á a imaxe humanizada dos tres porquiños e mailo lobo feroz. Ademais, para...
leer más 27/12/2015
O vindeiro sábado, 2 de xaneiro, ás 20 horas a Casa da Cultura de Foz acolle a representación da obra O caldeiro máxico, a cargo do polo grupo teatral O Centiño, de San Martiño. Trátase dunha función benéfica coa fin de recadar alimentos para o Banco de Alimentos de Foz, organizada conxuntamente polo grupo teatral e polo Concello focense. A entrada será gratuíta, pero os asistentes poderán levar calquera tipo alimento para contribuír ás doazóns para a xente que o necesite.
A peza teatral de O Centiño reúne no escenario bruxas, taberneiros, borrachos, enterradores, normandos e peregrinos, arredor dun caldeiro prodixioso capaz de mudar o destino e encamiñalo á felicidade.
17/12/2015
O espectáculo Pomperia. El maravilloso reino de las burbujas deleitará ao público familiar o vindeiro martes, 22 de decembro, ás oito da tarde na Casa da Cultura de Burela. Así o anunciou o concelleiro de Cultura, José Díaz, que explicou tamén que se trata dunha compañía experta na realización de pompas xigantes e de cores, que mestura esta faceta co teatro. O prezo das entradas en venda anticipada será de 5 euros.
O edil socialista contou que: “el próximo martes, 22 de diciembre, a las 20 horas tendremos aquí en al Auditorio de Burela un espectáculo que creo que merece mucho la pena y que va a ser muy entretenido para los más pequeños y para los papás, para todos, para el público en general. Se llama Pomperia, el maravilloso reino de las burbujas, y va de eso, de pompas...
leer más 08/12/2015
Abrapalabra fará as delicias dos máis pequenos e pequenas o sábado, 12 de decembro, a partir das 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro. Ra Ra Ra está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos. O elenco de actores está composto por Beatriz Méndez, Carla Capeáns, Toni Salgado e Víctor Mosqueira.
Sipnose: Un divertido espectáculo no que, xogando en verso ou en prosa, dous actores e dúas actrices fan que as ras, perdéndolle o medo á noite, aprendan a cantar.
Ra Ra Ra
fala de cando as rás,
moitísimo tempo atrás,
pola noite non cantaban,
porque tiñan medo
e deitábanse cedo.
Así que chegaban
as primeiras tebras
e, negras, pintaban
de sombras o río...
Que canguelo! Que arrepío!
Un divertido...
leer más 04/12/2015
O grupo teatral Pico do Castro ofrece o vindeiro 13 de decembro ás 19 horas no Centro Sociocultural de Barreiros unha sesión teatral en beneficio da asociación Ring 14 España. A obra escollida para a ocasión é O consultorio e a entrada custa 3 euros.
As entradas están a disposición dos interesados nos locais Cervecería Abadía (Mondoñedo), Bar O Pipote (Lourenzá), Bar Lozano (Celeiro de Mariñaos), Cafetería Centro Social (Barreiros), Bar El Último Cuplé (San Miguel de Reinante), Restaurante El Huerto (Ribadeo), Hostal O Norte (Foz) e Bar O Chícaro (Foz).
Esta sesión de teatro está organizada pola asociación Ring 14 España, que conta coa colaboración do Concello de Barreiros e da asociación cultural Pico do Castro.
... leer más 25/11/2015
Teatro Galileo representará en Viveiro un clásico do teatro francés: Cyrano. Será este sábado, 28 de novembro, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.
Cyrano! É a gran obra do Teatro Clásico francés.
Cyrano! Unha incrible historia de amor
Cyrano! A encarnación do triunfo da beleza moral e da intelixencia fronte a fermosura física e o mundo material.
Cyrano! Un soño por cumprir, unha aventura por vivir.
Baixo a dirección de Pedro Rubín, os intérpretes César Cambeiro (Cyrano), Manuela Varela (Roxana), Ana Santos (Ama), e Xosé María López Baño "Tanas" (Cristian), a versión de Julio Salvatierra, a tradución de Francisco...
leer más 25/11/2015
A XII Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón terá lugar do 27 ao 29 de novembro. As representacións do venres e do sábado serán no Cine Teatro e a do domingo será no Auditorio Municipal Hernán Naval. Teatro Crea, de Viveiro; Andaravía Teatro, de Vedra; e Ollomao, de Barreiros, serán os protagonistas da mostra.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, sinala que “esta fin de semana vai haber, un ano máis, a celebración do teatro afeccionado en Ribadeo. Temos a Mostra Daniel Cortezón, que nos convida a todos os veciños e veciñas a gozar do bo teatro feito pola xente de aquí, dos concellos veciños, que teñen unha gran afección pola escena no teatro e que mostran día a día ao longo de todo o ano ensaiando con moita ilusión e...
leer más 24/11/2015
A compañía Pistacatro actuará no Auditorio de Burela o vindeiro 28 de novembro co seu espectáculo Desperta!. A cita, organizada pola Concellería de Cultura, é as 20:30 horas e nela ofrécese un espectáculo no que se integran o circo, o teatro e a música en directo para unha tarde chea de humor e fantasía. É apta para todos os públicos e a entrada anticipada custa 5 euros, 7 euros na billeteira o día da función. Os interesados poden mercar os seus tíckets na Biblioteca Municipal e no Cinebank Burela
“Desperta! é unha peza que afonda da identidade individual, no que nos iguala e diferenza, no que sucede na intimidade dun baño cando ninguén mira, unha historia cotiá do universo fantástico de persoas que poderíamos ser calquera de nós”, sinalan desde Pistacatro.
... leer más