Semanal
O Concello de Viveiro informa que, con motivo da celebración da Semana Santa, cambiaranse os horarios do habitual mercado semanal, que habitualmente se celebra os xoves na Praza Maior.
Deste modo, na vindeira semana, en lugar de celebrarse o xoves 14 de abril, o mercado adiantarase ao mércores 13 de abril na Praza Maior.
O vindeiro mércores, 8 de setembro, non haberá mercado semanal en Ribadeo por ser o Día da Patroa, festivo local. Anunciouno o concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso Galdo, quen explicou que “por ser o Día da Patroa, xornada festiva de ámbito local e un día moi especial para as familias ribadenses, non teremos o mercado semanal dos mércores”.
Pablo Vizoso aproveita a ocasión para desexarlles ás e aos ribadenses “un feliz Día da Patroa e que o pasen o mellor posible, dentro do que nos permite a situación de pandemia na que aínda estamos”.
O seguinte mercado semanal dos mércores será o 15 de setembro.
E tamén haberá Mercados dos Domingos ata o 10 de outubro.
O vindeiro mércores, 6 de xaneiro, non haberá mercado semanal en Ribadeo ao tratarse dunha xornada festiva de carácter estatal.
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso, explicou que “de todos é ben sabido que o vindeiro mércores, 6 de xaneiro, se celebra a festividade de Reis. Por este motivo, por ser unha xornada festiva de ámbito estatal e un día moi especial para as familias e a súa xente miúda, non teremos o mercado semanal dos mércores”.
O primeiro mercado semanal de 2021 será o 13 de xaneiro. Vizoso Galdo aproveita a ocasión para desexarlles ás e aos ribadenses “un feliz aninovo, no que todos xuntos poidamos ir vendo a claridade ao final do túnel que supuxo a chegada do covid ás nosas vidas”.
Mañá, venres, terá lugar a terceira edición do mercado semanal de Burela na súa nova locación en Torrentes. O alcalde, Alfredo Llano, subliña que participarán máis dun cento de postos. Aos de alimentación súmanse agora os de roupa, calzado, apeiros, etc. Para o rexedor mañá será unha xornada de mercado importante en Burela.
Llano lembrou que “temos xa a terceira edición do mercado que se vai facer en Burela. Houbo a primeira onde se tratou de dar unha oportunidade a todo o mundo, tanto para os que traen os seus produtos para vender como para que a xente de Burela puidera desprazarse e participar nos mercados para ir dinamizando e ir tirando para adiante”.
O alcalde burelés dixo que “o Concello de Burela o que ten é a pretensión de facilitar a labor de todo aquel que queira dalgunha maneira ter unha oportunidade de...
leer másO Concello de Cervo recupera este xoves o mercado semanal de San Ciprián ao completo, autorizando a instalación de todos os postos habituais, uns corenta en total.
A feira xa se celebrou de xeito incompleto, e dadas as circunstancias excepcionais, os días 14 e 21, coa presenza tan só dos postos da rama agroalimentaria.
No día de hoxe, e xa na fase 2 da desescalada, desde o Concello contactaron con todos os comerciantes dos sectores non alimentarios para informalos da recuperación integral do mercado e das medidas que se tomaron para salvagardar a seguridade. De tal xeito que, de xeito provisional, e para garantir as medidas de distanciamento fixadas, procedeuse a ampliar a superficie do mesmo, que abranguerá a Praza dos Campos e a Rúa do Torno; e reestruturáronse os espazos prefixados, para dar cumprimento á...
leer másO mercado semanal de Foz volverá mañá, martes, cos postos de todos os sectores que había habitualmente antes da pandemia de Covid-19. Ademais de alimentación, haberá roupa, calzado, etcétera. Pero seguirán as mesmas medidas contra o coronavirus que houbo no da semana pasada.
O alcalde focense, Fran Cajoto, anunciou que “este martes haberá o mercado tradicional de Foz xa con todos os postos que había antes da crise sanitaria e que vendía roupa, calzado, … Pero nese sentido quero recordar que non se poden manipular os produtos pois deben ser os propios vendedores, cos seus equipos de protección individual, os que nos acheguen esas prendas ou ese calzado. E temos que ter todas as precaucións necesarias: gardar sempre a distancia mínima de seguridade de 2 metros con outros posibles clientes, non achegarnos ao mostrador do posto ata que non nos...
leer másO alcalde, Alfredo Llano, anuncia que á segunda edición do mercado semanal que se celebrará mañá en Torrentes acudirán unha trintena de postos relacionados co sector agroalimentario. O rexedor insiste en que o mercado foi trasladado a Torrentes por razóns de seguridade sanitaria e asegura que a zona reúne todas as condicións para acollelo.
O alcalde dixo que “agora mesmo hai moitísimas peticións. Está chamando moita xente que quere vir a instalarse no mercado de Burela, pero é certo que neste momento non se poden colocar máis postos. A ver se entramos na fase 2 e isto pode cambiar, pero polo de agora teñen que ser artigos de alimentación. Polo tanto vai ser un mercado de produtos agrícolas, lácteos, cárnicos, froitas, flores e todo o que permite o Real Decreto. Digo que hai moitas peticións porque hai moito interese en vir ao mercado de...
leer másO Concello de Cervo retoma este xoves o mercado semanal de San Ciprián, autorizando tan só polo momento, e dada a situación excepcional, a instalación dos postos de produtos agroalimentarios, cumprindo as medidas de seguridade e distanciamento establecidas.
Tal e como explican, de xeito provisional, habilitarase unha entrada e unha saída pola Avenida da Mariña para que as persoas usuarias poidan acceder aos postos de xeito controlado.
Na entrada, o Concello facilitará solución hidroalcohólica de uso obrigatorio e recomenda ás persoas usuarias a permanecer no mercado o tempo estritamente necesario para realizar as compras e sempre mantendo a distancia de seguridade de dous metros.
Membros do equipo de goberno reuníronse este mediodía coa Acia local para tratar sobre as axudas que o Concello vai destinar aos hostaleiros, aos comerciantes e aos autónomos. Ademais o alcalde, Alfredo Llano, anunciou que o mercado semanal volverá este venres, aínda que está por decidir cal será a súa nova localización.
Alfredo Llano contou que “hoxe estivemos falando con respecto ás axudas que lles queremos dar ás empresas dunha forma directa, estivemos amosándolles o que é o borrador das bases e leváronas para analizar por se teñen algunha suxestión e para que todo o mundo que poida e queira, teña a oportunidade de solicitar a axuda que vai dar o Concello. Van ser para hostaleiros, para comerciantes e para autónomos, e son unhas bases que consideramos xustas, equitativas e fáciles de aportar para que poidan solicitar esas axudas, xa...
leer másO alcalde, Fernando Suárez, anunciou que o mercadiño dos mércores se reanudará este 13 de maio, unicamente na súa sección de produtos agroalimentarios, prevendo a inclusión pouco a pouco do resto de artigos. A novidade é que se trasladará ao aparcadoiro municipal, debido á imposibilidade de celebrarse no sitio habitual dadas as limitacións de espazo e considerando esta nova localización como a mellor posible pola súa centralidade. O mercado de produtos da horta dos sábados seguirá celebrándose nas inmediacións da praza de abastos. Vendedores e clientes deberán cumprir coas medidas sanitarias recomendadas.
O rexedor confirmou que “vimos de publicar un Bando onde indicamos que desde o Concello de Ribadeo imos reabrir o mercadiño dos mércores e tamén o mercado da horta dos sábados. Hai que ter en conta que Ribadeo e a provincia de Lugo...
leer más