
A función dará comezo ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro. A duración deste musical será de 60 minutos. Está dirixido a público infantil con idades
Sipnose: En O mundo máxico de Pinocho, o público atoparase cunha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Carlo Collodi. Unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que xunto coa Fada Mimadriña, Raposo e Gato acompañará a Pinocho no camiño de converterse nun neno de verdade. Un camiño que comeza no taller de Gepetto, e que pasará pola escola, por un circo de monicreques onde un malvado titiriteiro intentará raptalo e ata pola barriga dun peixe xigante. Todo para que o protagonista aprenda que dicir mentiras ten as súas consecuencias.
O prezo das entradas será de 2 euros. Xa se poden mercar ata o xoves en horario de 9 a 14 horas chamando ao teléfono 982 56 01 62 ou por correo electrónico en rbg.cultura@viveiro. E tamén na billeteira unha hora antes do inicio da función.