O Concello de Ribadeo organiza unha viaxe a Santiago para asistir ao espectáculo "A burra, a mesa e o pau", do Centro Dramático Galego, o 23 de marzo

Dentro da programación do 8M en Ribadeo, o Concello organiza unha saída especial para asistir ao espectáculo A burra, a mesa e o pau, do Centro Dramático Galego, en Santiago de Compostela. Será o domingo 23 de marzo e o autobús sairá de Ribadeo ás 14:00 horas. Hai 18 prazas e para participar hai que inscribirse no Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Ribadeo e o prazo remata o día 20 de marzo.

O Concello de Ribadeo explica que “a viaxe está especialmente dirixida a mulleres, como parte das iniciativas do 8M para promover a participación cultural e a igualdade”.