Sarabela Teatro presenta en Burela a obra “O dragón de ouro” este venres, 28 de marzo

Sarabela Teatro presenta en Burela a obra titulada O dragón de ouro este venres, día 28 de marzo. Será ás 21:00 horas na Casa da Cultura.

Forma parte da programación cultural do Concello de Burela, que anuncia: “unha gran oportunidade para gozar de teatro de calidade e reflexionar sobre temas actuais! Sarabela Teatro presenta unha obra intensa e conmovedora sobre inmigración, explotación e desigualdade. Non te perdas esta proposta que entrelaza historias de loita e esperanza”.

A directora é Ánxeles Cuña Bóveda, da tradución encargouse Catuxa López Pato e o elenco está integrado por Fernando Dacosta, Fina Calleja, Fran Lareu, Sabela Gago e Fernando González.

É unha obra para público adulto e o prezo da entrada é de 5 euros.