Lionel Rexes
A novela “A montaña do poeta”, de Lionel Rexes, será presentada en Burela este sábado, 11 de xaneiro
O centro social Xebra!, de Burela, acollerá este sábado, día 11 de xaneiro, a presentación de ‘A montaña do poeta’ (Xerais), novela do escritor Lionel Rexes. A actividade será de balde e comezará ás 12 horas, cando o autor afincado en Alfoz e o profesor Bernardo Penabade desenvolverán un coloquio sobre a obra.
Sobre este acto Lionel Rexes comentou: “congratúlame ter sido convidado polo Centro Social Xebra, de Burela, a presentar nas súas instalacións A montaña do poeta, unha novela anterior á que ando promocionando estes tempos, mais o motivo é claro. No argumento de A montaña do poeta os centros sociais autoxestionados, e por extensión o tecido social máis contestatario, forman parte fundamental da trama. Teño asistido a algunhas actividades literarias artelladas no Xebra, mais nunca fora convocado como autor e confeso...
leer másEste sábado, día 7 de decembro, ás 12 do mediodía, o escritor Lionel Rexes presentará en Mondoñedo a súa terceira novela, Nove lúas, galardoada co Premio Neira Vilas o pasado ano. O acto terá lugar na Casa da Penela, estabelecemento de turismo rural da parroquia de Vilamor.
O autor estará acompañado polo profesor Bernardo Penabade e o activista pola Memoria Histórica Xosé Luís Fernández Rivera.
Esta novela, publicada por Edicións Embora no verán, nace da recollida de datos do autor alfocés sobre dúas históricas construcións do barrio de Correlos, lugar da parroquia de Mor no que reside. Alí se conserva un antigo calabozo de presas políticas, onde sufriron presidio a muller e as fillas do mítico guerrilleiro Gardarríos, e tamén unha báscula de feira, instalación onde se pesaban as reses antes das...
leer másA novela “Nove lúas”, escrita por Lionel Rexes, será presentada este venres, 23 de agosto, ás 20:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz.
O acto está organizado pola Asociación Veciñal de Mor, que anuncia: “o 23 de agosto teremos a presentación do último libro publicado do noso veciño Lionel Rexes, titulado “Nove lúas”, premio Neira Vilas de novela curta 2023. Será as 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz. Ao remate haberá firma de libros e pinchos gratuítos”.