Ruta do Ferrocarril

03/10/2024

A Asociación Cultural Xuvenil O Castelo, de Alfoz, organiza un percorrido pola Ruta do Ferrocarril desde San Tirso de Abres ata A Pontenova para o día 13 de outubro, domingo.

Os participantes sairán en autobús desde a Casa do Concello de Alfoz ás 9:00 horas e a ruta comezará ás 10:00. Ao final da andaina, de 12 quilómetros, degustarán un aperitivo.

As prazas son limitadas e o xoves 10 de outubro é a data límite para anotarse.

“O domingo 13 de outubro ímonos de andaina! Saíndo dende San Tirso de Abres, recorreremos os túneles nos que nalgún tempo pasaron as vagonetas de camiño á Pontenova, lugar onde remata a ruta”, anuncia a asociación O Castelo.