Gastronomía
A décimo quinta edición da Ruta das Tapas que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz celebrarase a vindeira Semana Santa, concretamente do xoves 29 ao sábado 31 deste mes, e contará coa participación de quince establecementos hostaleiros: Aroma Café, Bar 78, Cafetería Express, Cafetería Mayros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Restaurante Xoyma, Casa Maño, Fraggle Rock Café, Happy Days, O Lar de Bustos, O Muelle Bar, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón.
As tapas serviranse de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. O prezo de cada tapa é de 2 euros.
Haberá catro premios. As tres mellores tapas serán elixidas polo xurado e haberá premio tamén para a tapa coa mellor presentación, que sairá das votacións que se realicen a través da páxina de facebook do CCA focense...
leer másUn ano máis o Concello de Ribadeo abre o prazo de inscrición para a XIII edición do Ribadeo de Tapeo, que dará comezo na tarde noite do 11 de maio e continuará ata o día 20 dese mes.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, Ana Martínez, subliña que “este concurso gastronómico Ribadeo de Tapeo é un dos grandes atractivos da programación do Concello e pretende ser un revulsivo para a economía ribadense, que ano tras ano ven colleitando cada vez más éxito tanto entre el público cómo entre seus máximos protagonistas, que son los profesionais dos establecementos da hostalería ribadense".
A edil ribadense sinala que “esta cita é un dos nosos mellores escaparates gastronómicos, un espazo onde compartir novas ideas e propostas desta cociña en miniatura, un espazo onde fomentar a nosa cultura da tapa,...
leer másComo xa ven sendo habitual nos últimos doce anos, Galipizza ofrece esta semana nos seus clásicos “Xoves de Tapeo” unha nova e inédita galipizza que non se atopa na carta habitual: esta vez será a Galipizza de longaínza, champiñóns e piquiños. Os clientes poderán calificar con nota esa pizza e, no caso de que recibira moi boas puntuacións, podería optar a entrar na carta definitiva, como xa ocurrira antes con outras pizzas do tapeo, como por exemplo a galipizza de churrasco e criollo.
Ademáis, os clientes que participan nesta votación entran no sorteo mensual de 100 euros en metálico en cada un dos seus locais, ubicados en Viveiro, Ribadeo, Culleredo, Santiago e Vigo; onde esta semana, ademáis desa nova galipizza, tamén se poderá degustar unha tapa de “Quesadilla de raxo, beicon e queixo” tamén por só 2 euros.
O...
leer másA cita foi presentada este mediodía polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, as edís de Turismo e Cultura, Manuela Méndez, e Dolores García Caramés; e por representantes da hostelaría local.
A Festa volve contar cun programa repleto de actos e actividades que xirarán ao redor do protagonista ese día, o ourizo.
Deste xeito, avanzaron, que “un ano máis organizamos un show cooking, que terá lugar na carpa instalada na Praza dos Campos, a partir das 12:00 horas do mediodía, no que gozaremos vendo as habilidades culinarias en vivo de tres prestixiosos chefs que cociñarán ante os asistentes innovadoras receitas elaboradas coa base do ourizo: Pepe Vieira, do Restaurante Camiño da Serpe, Diego López, do Restaurante La Molinera, e Pedro Martino, do Restaurante Naguar, da veciña Asturias.
Ao...
leer másA asociación cultural Saiñas de Xove organiza este sábado 3 de marzo a XIII Festa do Lacón que terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes, a partires das 20:30 horas.
O prezo da ración é de 9 euros, 8€ na venda anticipada que pode facerse en Estética Marta. O menú inclúe sopa, pataca, chourizo, lacón, pan e bebida, ademais de chocolatada.
Haberá sorteos e festa rachada a partires das 23:00 horas coa Discoteca Móbil Decibelios.
Colabora o Concello de Xove.
Dentro dos xa clásicos Xoves de Tapeo que Galipizza leva organizando nos seus locais desde hai 12 anos, esta semana hai unha tapa moi especial: o famoso "Bocadillo de Autor", co que Galipizza gañou o premio ó segundo mellor bocadillo de España na recente edición de Madrid Fusión, pero recovertido en pizza!
Así que este xoves poderase degustar por tan só 2 euros a nova “Galipizza de langostinos ó allo, panceta ibérica, ovo roto e allos tenros”. Se esta creación recibe unha boa puntuación por parte dos clientes é moi probable que entre definitivamente na carta habitual de Galipizza a partir deste mes de marzo.
Durante estes 12 anos Galipizza leva ofrecendo cada xoves unha inédita galipizza que non se atopa na carta habitual. Os clientes poden calificar con nota esa galipizza e só as que reciban moi boas puntuacións...
leer másEl local Dékada, ubicado en la zona de Cantarrana en Covas (Viveiro), cumple este ano su 10º aniversario y para celebrarlo acaba de incorporar unas novedades muy llamativas en su carta: una hamburguesa vegana, muy demandada por su clientela, y una pizza de un metro de largo, ideal para compartir en grupo.
Las pizzas y sobre todo las hamburguesas son los principales platos de la carta de la Dékada, que pertence al Grupo Galipizza. Son muy populares sus mini burgers “gourmet” y las famosas “tetiñas”, en tamaño normal y XL, que se elaboran en el tipo de pan que recibe ese nombre.
Incorporar una hamburguesa vegana era uno de los reclamos que los seguidores de la Dékada y de Galipizza venían demandando desde hace tiempo, incluso con campañas a favor en las redes sociales. Está elaborada con puerro, zanahoria, apio,...
leer másOito locais hostaleiros de Foz, socios do Centro Comercial Aberto, poñen en marcha unha ruta de viños e tapas, que se desenvolverá os xoves, venres e sábados desde o 22 de febreiro ata o 24 de marzo.
Na cita participan: Leyton, Mayros, Xoyma, Dandy, Happy, Express, Anduriña e Xoiña, establecementos situados nas rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña. Cada local ofrecerá unha tapa especial ao cliente. E será cada un o que decida si por esa tapa cobra 1,50 euros.
Para incentivar que a xente acuda á Ruta de Viños e Tapas os hostaleiros farán cinco sorteos en Radio Foz, empregando o sistema de extracción de cartulinas. Cada semana haberá dous premios: 1 vale para cear 5 persoas por valor de 100 euros nun dos restaurantes que participan nesta iniciativa e 3 vales por valor de 20 euros cada un para consumir nas...
leer másA Fundación Rosalía de Castro volve poñer en marcha no aniversario de Rosalía o “Caldo de Gloria”, unha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia. (http://rosalia.gal/causes/caldo-de-gloria/)
O Valadouro súmase á conmemoración do Día de Rosalía este sábado, 24 de febreiro, coa implicación e colaboración do Concello de O Valadouro, o centro de educación infantil e primaria Santa María de O Valadouro, a asociación cultural Amado Lar e a totalidade da hostalería do Valadouro nunha iniciativa que o ano pasado se puxo en marcha en Padrón, a través da Fundación Rosalía de Castro e que tivo moi boa acollida.
No Valadouro participan a totalidade de...
leer más