Dentro dos xa clásicos Xoves de Tapeo que Galipizza leva organizando nos seus locais desde hai 12 anos, esta semana hai unha tapa moi especial: o famoso "Bocadillo de Autor", co que Galipizza gañou o premio ó segundo mellor bocadillo de España na recente edición de Madrid Fusión, pero recovertido en pizza!
Así que este xoves poderase degustar por tan só 2 euros a nova “Galipizza de langostinos ó allo, panceta ibérica, ovo roto e allos tenros”. Se esta creación recibe unha boa puntuación por parte dos clientes é moi probable que entre definitivamente na carta habitual de Galipizza a partir deste mes de marzo.
Durante estes 12 anos Galipizza leva ofrecendo cada xoves unha inédita galipizza que non se atopa na carta habitual. Os clientes poden calificar con nota esa galipizza e só as que reciban moi boas puntuacións poden entrar na carta definitiva. De feito hoxe en día son varias as galipizzas da carta que naceron nun xoves de tapeo, como por exemplo a pizza de churrasco e criollo.
Ademáis, os clientes que participan nesta votación entran no sorteo mensual de 100 euros en metálico en cada un dos seus locais, ubicados en Viveiro, Ribadeo, Culleredo, Santiago e Vigo; onde esta semana, ademáis desa nova galipizza, tamén se poderán degustar unha tapa de “Costelas de porco con salsa americana” tamén por só 2 euros.
O Grupo Galipizza ten en Covas-Viveiro outros dous locais nos que tamén se celebran os Xoves de Tapeo. Esta semana en As Tixolas pódense probar por 2 euros unha “Galizbur de “Wagyu” con crema de queixo afumado galego e patacas” ou unha tapa de “Xarrete de tenreira ó xeito da avoa”. Pola súa parte, na Dékada ofrécese unha “Tetiña con tomate, chacina e champiñóns” e tapa de “Espaguetti negro con gambas, espinacas e salsa de chipotte”. Os tres locais de Covas inclúense ó mesmo tempo nas xornadas do MercoTapeo que promove a Asociación Beiras de Viveiro.