Lacon
Desde a asociación cultural Saiñas sinalan que “despois de 2 anos e medio estamos en disposición de celebrar a XV Festa do Lacón e Foliada da Mariña en Xove (Lugo) o sábado 19 de novembro e encantaríanos poder contar cos tod@s vos”. Será no pavillón de Xove.
E explican que “haberá pola tarde obradoiros con Imavi Complementos Iria Pigueiras e Xaneco Tubío. Despois suculenta cea e chocolatada e sorteos de estancia en hotel por un lado e mariscada para 2 persoas en Restaurante Louzao por outro”.
A foliada dará comezo ás 22:30 horas con Cordenaia, de Cervo, Os do 21, de O Vicedo, gaiteiros e cantareiros de Saiñas, de Xove, e hai previstos máis grupos por concretar.
Os organizadores engaden: “agradecemento especial ó Concello de Xove e colaboradores Establecementos Rey Oficial, Pizzería...
leer másA asociación cultural Saiñas de Xove organiza este sábado 3 de marzo a XIII Festa do Lacón que terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes, a partires das 20:30 horas.
O prezo da ración é de 9 euros, 8€ na venda anticipada que pode facerse en Estética Marta. O menú inclúe sopa, pataca, chourizo, lacón, pan e bebida, ademais de chocolatada.
Haberá sorteos e festa rachada a partires das 23:00 horas coa Discoteca Móbil Decibelios.
Colabora o Concello de Xove.
A Asociación Cultural Saíñas de Xove, en colaboración co Concello, organiza a XII Festa do Lacón que terá lugar o vindeiro sábado, 1 de abril.
Esta festa celebrarase no pavillón municipal de deportes a partir das oito e media da tarde.
O prezo da ración será de 9 euros, pero si se retiran os tíckets anticipadamente será a 8 euros. A venda anticipada é en Estética Marta. O menú está composto de sopa, pataca, chourizo, lacón, pan, bebida e inclúe chocolatada. Haberá sorteos.
A xornada completarase con festa rachada a partires das 23:00 horas con Zalex.