Eventos

Etiquetas:
17/05/2024

O edil Francisco José Silvent explicou que “desde a Concellería de Mocidade programamos Campamentos Urbanos no Ceip Gregorio Sanz,  que terán lugar durante o vindeiro mes de xullo en diferentes quendas: do 1 o 5, do 8 o 12, do 15 o 19 e do 22 o 26. O horario será de 10 a 14 horas e haberá tamén programa madrugador de 9 a 10 da mañá”.

O concelleiro de Mocidade seguiu a relatar que “os asistentes de 4º, 5º e 6º de infantil e de 1º, 2º e 3º de primaria  gozarán dunha saída cultural á semana, en horario de mañá. As nenas e os nenos de 4º, 5º e 6º de primaria disfrutarán de dúas saídas culturais todas as semanas e dunha velada con pernocta todos os xoves”. 

Os prezos dos campamentos urbanos oscilan entre os 30 e os 40 euros á semana. As inscricións deben realizarse na Casa da Xuventude do 20 ao 24 de maio e o sorteo...

leer más
16/05/2024

Este venres, 17 de maio, o Concello de Viveiro conmemorará o Día das Letras Galegas 2024 con múltiples actividades. En caso de choiva, todas elas celebraranse no Teatro Pastor Díaz.

Ás 12:00 será a interpretación do Himno de Galicia no balcón da Biblioteca Municipal, a cargo de David Bellas, artista e profesor do CMUS de Viveiro.

De seguido, na Praza Maior, será a quenda do baile tradicional a cargo dos grupos infantil e xuvenil de Bágoas da Terra. Ás 13:30 horas na Praza da Fontenova, "Música e libros", coa actuación do Coro Infantil do Colexio Lois Tobío de Viveiro e da Coral Polifónica Alborada de Viveiro.

As actividades continuarán o sábado 18 con "Como montar a túa banda de verán", de Xoán Curiel. Será ás 12:00 horas na Biblioteca Municipal como parte do programa "Ler conta moito",...

leer más
Etiquetas:
16/05/2024

Guía tu Día organiza unhas visitas especiais que terán lugar o 17 e o 19 de maio. 

A primeira delas e coincidindo co venres festivo, será en Mondoñedo o 17. Consistirá nun roteiro guiado polas rúas desta antiga capital de provincia ateigadas de historia, tradicións, lendas e persoeiros ilustres, como Álvaro Cunqueiro ou Leiras Pulpeiro. 

O domingo 19 será polo pobo mariñeiro de Rinlo, en Ribadeo. Un paseo guiado polo litoral destacando o bo aproveitamento das bondades da súa costa a través das emblemáticas cetarias. 

Ambas rutas darán comezo ás 11 da mañá e terán unha duración de entre 2 e 3 horas. Están pensadas para tódolos públicos, incluíndo as mascotas. 

Para máis información e reservas as persoas interesadas poden contactar no 654 99 68 57 ou a través das...

leer más
Etiquetas:
16/05/2024

A parroquia de Landrove, no concello de Viveiro, celebrará as festas de San Martín Castelo os días 18 e 26 de maio

Este sábado, día 18, comezarán as actividades ás 13:30 horas cunha misa solemne cantada polo coro parroquial, seguida de procesión. Despois haberá sesión vermú amenizada polo grupo Alma Latina, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Supertop.

E o domingo 26 ás 11:00 horas sairase da igrexa de Landrove cara á ermida  pola ruta do Viacrucis e ás 13:30 horas celebrarase unha misa. A continuación actuará un dúo musical.

Estes festexos están organizados pola Comunidade de Montes San Martín Castelo e Fraga Moura, que anuncia que campo da festa estará cuberto con carpa.

16/05/2024

Foz acollerá unha concentración de vehículos clásicos (coches e motos) o día 25 de maio, sábado.

Este evento está organizado por Auto Clásicos Foz e o programa de actividades inclúe a recepción dos vehículos no porto focego de 10 a 12 do mediodía. A partir das 13:00 horas farán un percorrido por Foz e a continuación terán a comida. Despois os participantes trasladaranse ao porto ribadense para facer un paseo en embarcación pola ría de Ribadeo.

Para participar hai que inscribirse e o prazo remata o día 20 de maio ás 12:00 horas.

16/05/2024

Mariña Patrimonio está a organizar unha viaxe ao Courel para coñecer parte do seu patrimonio. A actividade, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, terá lugar o sábado 25 de maio.

A organización explica que “en xornada de mañá está previsto visitar o Val das Mouras, o Castro da Torre e a aldea de Seceda. Tras unha pausa para xantar en Folgoso, o grupo acercarase a ver Montefurado e o pregamento xeolóxico de Campodola, antes de voltar para á Mariña. Durante toda a xornada o arqueólogo Iván Ávarez Merayo fará de guía nesta visita ao patrimonio do Courel.

As persoas interesadas en participar nesta viaxe poden contactar con Mariña Patrimonio a través do seu correo (mr.patrimonio@gmail.com) para obter a información sobre as...

leer más
16/05/2024

A parroquia de Vilameá, no concello da Pontenova, celebrará a súa Festa das Flores este sábado, 18 de maio, no Campo da Igrexa.

As actividades empezarán ás 19:00 horas con misa solemne e despois procesión. Ás 21:00 horas haberá sesión tardeo amenizada pola cantante Verónica Cambón e ás 22:00 comezará a cea de veciños, familiares e amigos. E rematará a xornada festiva cunha verbena na que actuarán Verónica Cambón e DJ Bombardero.

Etiquetas:
16/05/2024

Este sábado, 18 de maio, a partir das 17 horas no centro social Xebra, na rúa Leandro Cucurny 19, de Burela, haberá un obradoiro de baile tradicional e foliada aberta.

Iria Fernández Moscoso, integrante da asociación Fervenza, é a encargada de impartir o obradoiro, que servirá como primeiro achegamento para quen entra no baile por vez primeira e quere perderlle o medo ás foliadas.

A organización anuncia tamén que “despois da clase práctica celebrarase unha foliada aberta no local, no que estarán presentes algunhas das agrupacións musicais da bisbarra”.

Desde o centro social Xebra “convidan a todas as persoas que gosten da música de raíz a se achegar para desfrutar dunha velada chea de música, baile e petiscos”.

15/05/2024

A Delegación de Cultura do Concello do Valadouro presenta a programación deste venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, que inclúe a lectura dramatizada de textos de Luísa Villalta, homenaxeada este ano 2024, e de Rosalía de Castro. Este acto será levado a escena por Trémola Teatro a partir das 20:00 horas na Casa da Cultura.

De seguido no mesmo escenario será o momento do recital "Cantando as nosas letras" a cargo do cantautor Xoán Curiel con poemas e cantigas musicados de autores/as homenaxeados/as nas Letras Galegas como a propia Luísa Villalta, Antonio Fraguas, Carvalho Calero, Xela Arias ou Florencio Delgado Gurriarán. Tamén están presentes outras/os autoras/es das letras galegas como Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Alfonso X e trobadores da lírica medieval galego portuguesa...

Etiquetas:
15/05/2024

A vixésimo sexta edición da Feira de Gando Cabalar de Lago, parroquia do concello de Xove, celebrarase este domingo, 19 de maio, a partir das 09:30 horas no recinto feiral. Foi presentada con un acto no que participou o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro.

A feira está organizada pola Asociación Equina A Medela e desde as 11 da mañá haberá carreiras e outras probas. Ás 20:00 horas farase a entrega de premios e sortearase un xato.