Guía tu Día organiza unhas visitas especiais que terán lugar o 17 e o 19 de maio.
A primeira delas e coincidindo co venres festivo, será en Mondoñedo o 17. Consistirá nun roteiro guiado polas rúas desta antiga capital de provincia ateigadas de historia, tradicións, lendas e persoeiros ilustres, como Álvaro Cunqueiro ou Leiras Pulpeiro.
O domingo 19 será polo pobo mariñeiro de Rinlo, en Ribadeo. Un paseo guiado polo litoral destacando o bo aproveitamento das bondades da súa costa a través das emblemáticas cetarias.
Ambas rutas darán comezo ás 11 da mañá e terán unha duración de entre 2 e 3 horas. Están pensadas para tódolos públicos, incluíndo as mascotas.
Para máis información e reservas as persoas interesadas poden contactar no 654 99 68 57 ou a través das redes socias de Guía tu día.