O centro social Xebra, de Burela, organiza un obradoiro de baile tradicional e foliada aberta para este sábado, 18 de maio

Este sábado, 18 de maio, a partir das 17 horas no centro social Xebra, na rúa Leandro Cucurny 19, de Burela, haberá un obradoiro de baile tradicional e foliada aberta.

Iria Fernández Moscoso, integrante da asociación Fervenza, é a encargada de impartir o obradoiro, que servirá como primeiro achegamento para quen entra no baile por vez primeira e quere perderlle o medo ás foliadas.

A organización anuncia tamén que “despois da clase práctica celebrarase unha foliada aberta no local, no que estarán presentes algunhas das agrupacións musicais da bisbarra”.

Desde o centro social Xebra “convidan a todas as persoas que gosten da música de raíz a se achegar para desfrutar dunha velada chea de música, baile e petiscos”.