Natureza

Etiquetas:
06/07/2023

Un ano máis, volven celebrarse os Mércores de natureza no Vicedo, actividade organizada polo concello. Nesta ocasión, estreáronse con kaiaks e táboas de Paddle SUP. Esta desenvolveuse ao longo de diferentes localizacións como Arealonga, Moledos, Porto, Vidreiro e as covas de Caolín. 

Durante os meses de xullo e agosto, haberá distintas actividades e exercicios, sobre todo de mar ou río, pero tamén de sendeirismo, A próxima actividade consistirá nunha subida ao Río Sor en kaiak.  A hora de encontro será ás 10 da mañá e máis información será detallada na páxina de Facebook Casa Cultura O Vicedo. A inscrición para as actividades debe facerse no 982.59.01.95 ou no correo electrónico  omix@concellodovicedo.org.

 

22/11/2022

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegará ao alumnado de Muras, Mondoñedo, Abadín e O Valadouro á produción de documentais de natureza.  

Aproveitando a preprodución do documental “Fillas do Vento”, sobre o cabalo de monte, a equipa técnica da produtora Trespés Filme acudirá aos centros educativos para desenvolver sesións divulgativas nas que o alumnado terá oportunidade de coñecer como é o proceso dun documentario de natureza, que equipas de imaxe e son se utilizan ou como se organiza o traballo, ademais de ver  “en bruto” algún material xa gravado. As sesións desenvolveranse do 24 ao 28 de novembro, coincidindo co traballo de preprodución do documental no Xistral.

O programa educativo artellado pola Vicepresidencia da Deputación e a produtora Trespés Filmes permitirá  así socializar o desenvolvemento do...

leer más
Etiquetas:
11/07/2022

Un verán máis o Concello de O Vicedo organiza os mércores de natureza, un programa no cal levan a cabo diversas actividades durante o mes de xullo. Comezaron o pasado mércores 6 na praia de Arealonga e continúan cunha actividade xa tradicional: a ruta de kayaks. 

Comezará ás 11 horas, saíndo dende o porto pesqueiro do Vicedo para cruzar a ría, pasar diante do porto do Barqueiro, Pontes sobre o Río Sor, Illa de S.Martiño, Área recreativa de Ribeiras do Sor e Ponte de Ribeiras do Sor. 

O prezo é de 17 euros por persoa. Os interesados en acudir deberán anotarse chamando ao teléfono 982 590 195 ou no correo electrónico omix@concellodovicedo.org

 

Etiquetas:
15/10/2021

A principios deste mes de outubro chegaba unha nova edición de A Mariña en Ruta, que organiza a Mancomunidade de Concellos para axudar á dinamización da comarca no outono. O obxectivo pasa por atraer escapadas de fin de semana para os galegos e as galegas e para as comunidades autónomas máis próximas, así como dar a coñecer o territorio dun xeito ameno e diferente á propia poboación local.

O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, lembraba na presentación do programa que tivo lugar o 27 de setembro no Cenima que “o proxecto A Mariña en Ruta, promovido pola Mancomunidade de Concellos, co apoio da Xunta de Galicia para a súa coordinación e execución e da Deputación de Lugo para a promoción en medios, consiste nun programa de rutas e actividades en torno á cultura e á natureza que durante esta edición dotará á Mariña Lucense dunha oferta...

leer más
Etiquetas:
15/07/2021

Corenta nenos e nenas con idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos desfrutarán este verán do minicampamento A Conquista de Foz II, no marco da campaña de verán que ofrece á mocidade a Consellería de Política Social.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe aos 20 nenos e nenas que participan na primeira quenda da actividade, que comezou o pasado luns e remata mañá. O minicampamento desenvolverase de novo do 23 ao 27 de agosto. 

Os rapaces desfrutan de actividades de deporte e aventura en contacto coa natureza, como sendeirismo, xincanas, orientación, busca do tesouro, xogos na praia, obradoiros medioambientais ou teatro. Tamén coñecerán unha mostra do patrimonio cultural de Foz cunha ruta polo Castro de Fazouro. 

Arias explicou que o Goberno galego organiza...

leer más
Etiquetas:
14/07/2020

Este mércores, 15 de xullo, celébrase a subida do río Sor en kaiaks.

A saída terá lugar dende o porto de O Barqueiro ás 10:00 horas e o regreso farase en furgonetas de Actividades Estaca desde Ribeiras do Sor. A duración aproximada será de dúas horas.

As persoas interesadas poden anotarse na Casa da Cultura de O Vicedo e a través do número de teléfono 982 59 01 95.

Esta actividade enmárcase dentro dos Mércores de Natureza. 

 

Etiquetas:
16/02/2020

A Concellería de Medio Ambiente de Foz organiza co gallo do día dos humidais a exposición Galiza Conservando a Natureza. Diante do interese amosado pola súa visita, amplíase o período de exhibición ata o vindeiro 26 de Febreiro. 

Nesta exposición presentase ao gran público a diversidade e singularidade dos nosos espazos naturais protexidos, permite concienciar á poboación sobre a importancia da conservación do medio natural e o seu propio papel na preservación da natureza e das súas especies. 

Entre o 27 de xaneiro e agora ata o 26 de febreiro no Cenima, en Foz,  os visitantes poderanse sorprender coa cantidade e diversidade de espazos protexidos declarados en Galiza, entenderán o significado das figuras de protección e o que conlevan, e desenvolverán actitudes de responsabilidade fronte a conservación ambiental...

leer más
Etiquetas:
22/01/2020

A Concellería de Medio Ambiente de Foz continúa no ano 2020 promocionando o medio natural. Segundo explican desde ese departamento “co gallo do día dos humedais o vindeiro 2 de febreiro e sendo o noso Concello parte da Rede Natura 2000, cremos de interese para toda a veciñanza e visitantes esta exposición. A natureza galega é un mosaico de paisaxes de costa e montaña, densas fragas e chairas extensas, rías onde conflúen os ríos e o mar, queirugais, matos e lagoas. Acóllese así unha importante diversidade de especies animais e vexetais”.

A exposición “Galicia conservando a natureza” presenta ao gran público a diversidade e singularidade dos espazos naturais protexidos, permite concienciar á poboación sobre a importancia da conservación do medio natural e o seu propio papel na preservación da natureza e das súas especies.

... leer más
13/08/2019

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, pon en valor que o Conxunto Etnográfico do Vilar, inaugurado esta mañá, contribúe a desenvolver a oferta turística do Concello e a identificar a cidade como un destino con actividades da natureza “sumamente atractivo”.  

A rexedora precisa que este proxecto integral, que inclúe un albergue da natureza, unha aula da natureza e un centro de recepción BTT que se porá en funcionamento proximamente, supón unha “aposta pola natureza como valor seguro que sempre debemos coidar e protexer”.A rehabilitación do conxunto etnográfico deu comezo o 5 de novembro do ano 2003.

O acto de inauguración contou coa participación da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, membros da Corporación mindoniense e outros representantes das administracións; ademais de propietarios dos terreos...

leer más
Etiquetas:
02/08/2016
Este 3 de agosto, dentro dos Mércores da Natureza do Concello do Vicedo, terá lugar a baixada do río Sor en kayaks.
 
Un dos puntos fortes do Vicedo e da Mariña é a natureza. O Vicedo fai desta fortaleza o seu eslogan turístico "NATUREZA ENVOLVENTE" e cada ano organiza os chamados mércores de natureza onde se organiza algún tipo de actividade relacionada co entorno natural do concello e da comarca (pode ser ruta de sendeirismo, ruta de kayak, rutas mixtas, etc).
 
Este vindeiro mércores, 3 de agosto, a actividade será o descenso en kayak do Río Sor, unha actividade que se organiza cada verán porque nos permite dar a coñecer o Río Sor e parte da Ría desde dentro. Nesta ruta, que dura unhas 2 horas, os participantes poderán observar os seguintes puntos de interese: O entorno de Ribeiras do Sor (o punto navegable máis alto do Río), á área recreativa de...
leer más