As festas de San Martín Castelo, en Landrove (Viveiro), celébranse os días 18 e 26 de maio

A parroquia de Landrove, no concello de Viveiro, celebrará as festas de San Martín Castelo os días 18 e 26 de maio

Este sábado, día 18, comezarán as actividades ás 13:30 horas cunha misa solemne cantada polo coro parroquial, seguida de procesión. Despois haberá sesión vermú amenizada polo grupo Alma Latina, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Supertop.

E o domingo 26 ás 11:00 horas sairase da igrexa de Landrove cara á ermida  pola ruta do Viacrucis e ás 13:30 horas celebrarase unha misa. A continuación actuará un dúo musical.

Estes festexos están organizados pola Comunidade de Montes San Martín Castelo e Fraga Moura, que anuncia que campo da festa estará cuberto con carpa.