A XXVI Feira de Gando Cabalar de Lago (Xove) celébrase este domingo, 19 de maio

A vixésimo sexta edición da Feira de Gando Cabalar de Lago, parroquia do concello de Xove, celebrarase este domingo, 19 de maio, a partir das 09:30 horas no recinto feiral. Foi presentada con un acto no que participou o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro.

A feira está organizada pola Asociación Equina A Medela e desde as 11 da mañá haberá carreiras e outras probas. Ás 20:00 horas farase a entrega de premios e sortearase un xato.