Eventos
A agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza unha excursión a Lugo para o día 2 de xuño, domingo. A saída será ás 09:00 horas desde a estación de autobuses ribadense.
“Dentro da conmemoración das Letras Galegas, mais xa centrado no campo da memoria e da lingua, organizamos unha excursión á cidade de Lugo para o próximo día 2 de xuño, na que visitaremos o cemiterio de San Froilán, dentro do Programa de Cemiterios Europeos, o casco histórico e o centro cultural Vello Cárcere”, explica a organización.
A Pontenova celebrará as festas na honra de San Esteban o venres 31 de maio e o sábado 1 de xuño. O campo estará cuberto con carpa.
O venres haberá churrascada popular desde as 22:00 horas e despois verbena amenizada pola cantante Verónica Cambón e por Disco Bombardero.
E o sábado ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e despois procesión e sesión vermú, co grupo Alba, que tamén actuará na verbena.
Mondoñedo acollerá desde o xoves 30 de maio ata o sábado 1 de xuño unhas xornadas tituladas “Os Camiños de Santiago en Galicia. O seu coñecemento e divulgación”. Están organizadas pola Federación Galega de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (FEGAC).
As actividades comezarán o xoves 30 ás 20:00 horas no auditorio municipal Pascual Veiga cun saúda institucional. A continuación terá lugar a proxección do documental “Elías Valiña, o inventor das frechas amarelas”, de Aser Álvarez, e despois haberá un coloquio. E para as 21:00 horas está programado un concerto da Banda de Música Pascual Veiga, de Mondoñedo.
O venres 31 haberá un roteiro pola variante marítima do Camiño Norte de Santiago, que sairá da Alameda dos Remedios, de Mondoñedo, ás 09:30 horas.
E o sábado 1 de xuño as...
leer másA Área Turismo organiza a VI edición do Ribadeo Ilustrado que terá lugar os días 6, 7 e 8 de xuño.
A concelleira Marta Saiz explicou que “o tema central ao redor do que xirarán as actividades será de novo, Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos. Tentaremos afondar na figura dun dos personaxes máis carismáticos da contorna, cos seus claros e sombras”.
A edil de Turismo dixo que “a presentación do libro As máscaras de Ibáñez. O Marqués de Sargadelos que nunca foi, acompañada da obra de teatro que leva o mesmo nome, ambas as dúas a cargo de Avelaiña Teatro, achegarannos máis información sobre esta interesante personaxe, iniciadora de interesantes proxectos empresariais”.
Saiz indicou que “esta nova edición segue a medrar da man de conferencias onde participarán historiadores como Alberto...
leer másA concelleira de Promoción Económica e Comercio, Marta Saiz, contou que “o programa de Alimentos con Superpoderes continúa avanzando nas súas actividades, nesta ocasión tocoulle á Mostra itinerante de Alimentos con Superpoderes: Come, Actúa, Impacta, que pretende sensibilizar dos super poderes da alimentación de proximidade así como dar a coñecer como podemos mellorar o noso impacto no territorio a través da alimentación”.
A edil ribadense explicou que “esta mostra, que pretende percorrer todos os centros educativos, comezou a súa andaina na Praza de Abastos, onde se está a visitar desde o 21 ao 25 de maio, para logo continuar neste curso polo CPR Sagrado Corazón e proseguir no CEIP Gregorio Sanz”.
Saiz dixo que “esta mostra coincidirá no tempo coa campaña Quere o teu Mercado, que se organiza en colaboración...
leer másO Concello de Burela celebrará, entre os día de hoxe, 24 de maio, e 4 de xuño, as súas Festas Patronais na honra da Virxe do Carme e Xoán Bautista.
A alcaldesa Carmela López sinala que "imos gozar en Burela dunha ampla programación chea de novidades, na que a nova Comisión de Festas se esforzou ao máximo, intentando dar o mellor para a súa vila".
"O Enduro Monte Castelo Burela únese á programación para facer as festas ainda máis atractivas nesta primeira fin de semana", lembra a rexedora.
"Dende o Concello agardamos que estas festas sexan todo un éxito, desfrutado por igual por veciñanza e visitantes", engade López.
Serán en total 12 días de actividades, que comezarán co Día da Baixada da Vila do Medio hoxe, 24 de maio. Ás 21:00 haberá misa e procesión dende a...
leer másA parroquia de Valboa, no concello de Trabada, celebrará o xoves 30 de maio a Feira Cabalar de San Fernando.
O programa de actividades comezará cunha misa ás 12:00 horas, tras a que haberá exposición de gando equipo e unha exhibición de andadura galega. Haberá estacionamento para cabalos, recinto con carpa, música durante toda a xornada e comida campestre con un prezo de 20 euros (venda de tickets ata o 25 de maio no Mesón Camiño Norte, Taberna da Curuxeira e Bar o Porfirio).
“Dende o Concello de Trabada queremos continuar coas tradicións locais, como recentemente coa Festa da Enfariñada e agora con esta Feira de San Fernando, que durante moitos anos xuntou a milleiros de veciños”, explica o alcalde, Rubén García.
Os grupos de teatro e de guitarra da Asociación de Nais e Pais (ANPA) do CEIP Vista Alegre debutarán o día 17 de xuño, luns, nun evento organizado pola comisión do centenario da Confraría de Pescadores de Burela. Será ás 19:00 horas na Casa da Cultura burelá.
A obra de teatro que representarán é “A historia dos cen anos da cofradía” e o concerto de guitarra titúlase “Unha marea de acordes”.
“Non te perdas estes dous grandes debuts dos grupos de teatro e guitarra da ANPA do CEIP Vista Alegre, con artistas de entre 3 e 9 anos”, din os organizadores.
Viveiro celebrará este sábado, día 25 de maio, o Día da Xuventude nos xardíns Noriega Varela.
O Concello de Viveiro anuncia que “a festa comezará ás 16:00 e prolongarase ata ás 21:00 horas. Incluirá unha actuación do mozo rapeiro viveirense Xmaseda65, que comezará ás 20:30 nos propios xardíns de Noriega Varela. O artista destaca polo seu son actual e as súas letras en galego. O evento é para mozos e mozas de 12 a 35 anos e está organizado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia”.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, convida a toda a xente nova do municipio "a participar desta festa, coa que se pon en valor a importancia da mocidade e de crear eventos dirixidos á mesma".
O Concello de Cervo celebrará este sábado, 25 de maio, o XVII encontro de palilleiras na carpa instalada na Praza dos Campos, de San Ciprián. Como actividade complementaria terá lugar unha feira de artesanía e alimentación que convivirá no mesmo espazo acondicionado para a ocasión. A inauguración, amenizada polo grupo A Rebolaxe, está prevista para as 12:00 horas, e haberá exhibicións, sorteos e moitas sorpresas.
O Concello de Cervo retomará este sábado, 25 de maio, o Encontro de Palilleiras, que non se celebraba desde a pandemia e que se traslada por primeira vez ao centro de San Ciprián, concretamente á carpa instalada na Praza dos Campos.
A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; por membros da asociación Mulleres de San Ciprián, de A Rebolaxe, e da asociación Saúde Mental A Mariña, que...
leer más