A Delegación de Cultura do Concello do Valadouro presenta a programación deste venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, que inclúe a lectura dramatizada de textos de Luísa Villalta, homenaxeada este ano 2024, e de Rosalía de Castro. Este acto será levado a escena por Trémola Teatro a partir das 20:00 horas na Casa da Cultura.
De seguido no mesmo escenario será o momento do recital "Cantando as nosas letras" a cargo do cantautor Xoán Curiel con poemas e cantigas musicados de autores/as homenaxeados/as nas Letras Galegas como a propia Luísa Villalta, Antonio Fraguas, Carvalho Calero, Xela Arias ou Florencio Delgado Gurriarán. Tamén están presentes outras/os autoras/es das letras galegas como Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Alfonso X e trobadores da lírica medieval galego portuguesa...