Alumeado
O Concello de Burela anuncia que acenderá as súas luces de Nadal o venres 6 de decembro na Praza do Concello “cunha gran celebración. A partir das 17:30 horas haberá pintacaras, animación infantil, chocolatada, música e panxoliñas”.
O acendido do alumeado de Nadal será ás 19:00 horas.
O 30 de novembro arrinca o Nadal en Ribadeo. Hoxe foi presentada a programación no Parque de San Francisco.
O alcalde, Dani Vega, manifestou que “chega o Nadal e toda unha programación repleta de actividades. Comezamos esta fin de semana, o dia 30, acendendo o alumeado e tamén comeza o Mercado de Nadal. E a partir de aí todo un mes cheo de actividades que debemos agradecer aos colectivos, ás asociacións e tamén aos técnicos municipais. O Nadal en Ribadeo está saíndo moi ben por segundo ano porque hai unha organización, hai unha programación, pero tamén hai unha colaboración por parte de todos. E iso é de agradecer a colectivos, asociacións e a todos os técnicos municipais”.
O rexedor dixo: “nestes segundos de explicación é imposible resumir todo o que temos neste mes. Pero si destacar que temos actividades...
leer másViveiro inaugura o martes 5 de decembro o belén de gran tamaño Viveiro ante o berce e as luces de Nadal.
A alcaldesa, María Loureiro, explica que “Viveiro foi un Concello pioneiro en acender o alumeado coincidindo coa ponte de decembro, coa intención de alongar a campaña de Nadal e favorecer así ao comercio e ao sector servizos”.
Ademais deste acendido das luces, inaugurase tamén o propio día 5 o belén Viveiro ante o berce, organizado polo Concello e financiado pola Deputación de Lugo a través dun convenio.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández, sinala que este belén é “un referente a nivel galego, e como tal atrae a moitísima xente de toda Galicia que vén a Viveiro para velo, contribuíndo así tamén á dinamización do sector servizos”.
Con motivo da inauguración desta...
leer másO alumeado de Nadal de Vilaronte, parroquia do municipio de Foz, será inaugurado este domingo, 3 de decembro, ás 19:00 horas no atrio da igrexa de Vilaronte.
Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural O Atrio, que anuncia: “despois do acendido para pasar un bo rato tod@s xunt@s contaremos coa actuación do grupo Mar Aberto, de Foz, e haberá caldo de pita e chocolate quentiño, que estes días de frío entra moi ben. Tamén teremos sorteos e estade atentos porque ese día acontecerá algo que non pasa en Vilaronte dende 1986. Estamos seguros que vos gustará a tod@s, sobre todo aos máis peques”.
Este evento conta colaboración do Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, anima á veciñanza a achegarse ao parque de San Francisco ás sete da tarde. Tamén se inicia o Mercado do Nadal, que se prolongará ata o día 10 na contorna da praza de abastos.
O rexedor dixo que “mañá, venres, inauguramos o Nadal. Acenderemos o alumeado a partir das sete da tarde, despois inauguraremos o Mercado do Nadal e a continuación o photocall de Acisa para promocionar a nosa vila. E a partir de aí serán todas as actividades”.
Vega subliñou que “todos os días hai algo en Ribadeo. Sempre hai unha disculpa para vir visitar Ribadeo e os veciños e as veciñas teñen todos os días unha actividade arredor do Nadal”.
O alcalde convida a asistir: “mañá convidamos a todos os que queiran acompañarnos no parque de San Francisco ao acendido do alumeado de Nadal”.
...
En Ribadeo deu comezo onte, luns, a instalación da iluminación de Nadal. O orzamento ascende a máis de 35.000 euros, segundo deu a coñecer o alcalde, Dani Vega.
O rexedor manifestou que “Ribadeo dálle a benvida ao Nadal. Xa estamos iluminando as rúas para abrazar ese Nadal que queremos pasar todos entre familia e amigos”.
Vega contou que haberá unha ampla programación con moitas novidades: “estamos a construír un Nadal que está pensado para todas as idades. Haberá actividades para todos e moitas novidades e dese logo queremos que sexa un Nadal de todos os ribadenses e tamén acoller a aqueles visitantes que veñen a gozar do Nadal ribadense”.
O alcalde sinalou que “pouquiño a pouco dámoslle a benvida ao Nadal, estamos a iluminar as rúas, incrementamos o orzamento destinado a este fin,...
leer másEn Ribadeo abriu as súas portas esta tarde o XIX Mercado do Nadal e foi inaugurado o alumeado ornamental destas festas, composto por máis de 850.000 luces led.
O Mercado do Nadal, que organiza o Concello, poderase visitar ata o 11 de decembro no parque de San Francisco. Son 25 postos de artesanía, deseño e gastronomía os que poderán atopar aquelas persoas que se acheguen a Ribadeo estes días.
Ademais haberá actuacións musicais e actividades para as mais pequenas e os mais pequenos da casa. Ata o Mercado do Nadal se achegaron esta tarde o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Desenvolvemento Local, Medio Ambiente, Cultura e Igualdade, Pablo Vizoso, Jorge Díaz, Pilar Otero e Mónica Freire.
E coincidindo coa apertura do XIX Mercado do Nadal o Concello procedeu a inaugurar o...
leer másMañá, venres, á tardiña será acendido o alumeado de Nadal en Ribadeo, que contará en total con máis de 800.000 luces led. Estará en funcionamento ata o 7 de xaneiro. Neste 2020 presenta novidades como as figuras tridimensionais ou as luces que se poderán ver nalgunhas rúas.
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso, explicou: “segundo os datos que nos pasan os técnicos e os operarios da empresa de instalación do alumeado de Nadal, se sumamos todas as microluces que conforman a totalidade dos arcos, das iluminacións nas farolas e nas árbores e as das figuras en 3D estaríamos superando as 800.000 luces led en total, unha cifra moi importante e moi significativa para Ribadeo e que acadamos por segundo ano consecutivo”.
O edil ribadense contou que “tan só a árbore instalada no parque de San...
leer másO Concello de Foz presenta a programación do Nadal 2020, “onde todo se reinventa para garantir que a maxia desta época do ano siga máis viva ca nunca, nun contexto onde as garantías sanitarias deben estar por encima de todo”, anuncian o alcalde, Fran Cajoto, e a concelleira de Cultura, Inés López Couto. O alumeado das rúas focenses acenderase este xoves, día 3, ás 19:00 horas.
A edil de Cultura explica: “pensamos en todas as nenas e nenos: esta festa é deles. Adaptamos as programacións pensando nos máis pequechos da casa, así o teatro infantil cobra un protagonismo especial. Hai obras adaptadas para idades desde os 2 anos, polo que os papás terán onde escoller. As representacións serán na sala Bahía ás 18:30 horas en distintas datas, previa cita ata completar aforo”.
O alcalde engade: “temos informacións fidedignas de que os...
leer másO Concello, a través da Delegación de Medio Ambiente, que dirixe Toñi Eijo, adheriuse á campaña La Hora del Planeta e apagará o vindeiro sábado, 28 de marzo, de 20:30 a 21:30 horas a iluminación de diferentes edificios públicos, fontes e tamén a das pinturas do porto.
Toñi Eijo lembra que “esta iniciativa naceu en Sidney no 2007 como un xesto simbólico para chamar a atención sobre o problema do cambio climático. Un sinxelo xesto que consiste en apagar as luces de fogares, negocios, edificios e monumentos durante unha hora”.
A edil burelesa explicou que “este ano, debido ás circunstancias excepcionais que estamos a vivir, propóñennos a todos os cidadáns participar no acto Apaga la luz. Todo irá bien, que consiste en apagar a luz e saír ao balcón ou fiestra o 28 de marzo ás 20:30 horas e enviar a seguinte mensaxe...
leer más