San Xusto, en Barreiros, celebra as súas festas patronais os días 6 e 7 de agosto

A parroquia de San Xusto, no concello de Barreiros, celebrará as súas festas patronais na honra a San Xusto e San Pastor, os días 6 e 7 de agosto, martes e mércores.

As actividades empezarán o martes ás 13:00 con misa solemne e procesión con 14 imaxes, acompañada polo grupo de gaitas de O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante. A continuación haberá sesión vermú amenizada polo grupo Pasión, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Tango.

E o mércores celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá procesión con 14 imaxes, acompañada por un grupo de gaitas. A continuación terá lugar a sesión vermú co grupo Mar da Arousa, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Waikas.

A organización corre a cargo da asociación de veciños San Pastor, que destaca que disporán de campo cuberto con carpa e amplos aparcamentos gratuítos.