Infantís
O Concello da Pontenova organiza diversas actividades infantís este domingo, 6 de outubro, de 17:00 a 21:00 horas na Praza do Concello.
Haberá inchables para nenos e nenas maiores de 4 anos, tattoos con purpurina e pintacaras.
O Concello de Trabada programou os días 15 e 16 de agosto, coincidindo coas súas festas patronais, dous espectáculos dirixidos a un público infantil e familiar.
O 15 de agosto ás 18:00 horas na praza do Concello a Maga Fani trae o espectáculo “Enredos, abraios e vocábulos do país”.
E o 16 de agosto ás 18:00 horas na praza do Concello terá lugar o espectáculo “Un día no circo”, de PistaCatro Productora de Soños.
“Son días de festa e xuntanzas familiares, por iso pensamos nestes dous espectáculos para os máis pequenos, que se unen á programación de cine e teatro que temos ao longo do ano para un público máis adulto”, afirmou o alcalde de Trabada, Rubén García.
A programación infantil de verán do Concello de Mondoñedo inclúe diversas actividades que empezan o 19 de xullo e rematan o 16 de agosto.
Este venres, día 19, ás 20:30 horas na Praza do Concello haberá o espectáculo de contacontos “Planeta LGTBIQ”, ofrecido por Caxoto.
Para o 26 de xullo, tamén venres, ás 20:00 horas na Praza do Concello está programado un espectáculo de maxia con Dani Polo.
O 2 de agosto ás 20:30 horas na Praza da Catedral Caxoto ofrecerá “Conto para escoitar mentres bailamos un vals”.
O xoves 8 de agosto ás 20 horas na Praza da Catedral terá lugar o espectáculo titulado “Os Bolechas volven a Mondo”.
E o 16 de agosto, venres, ás 20:30 horas na Praza da Catedral haberá xogos, con Puzzle Animación.
... leer másO Concello de Cervo anuncia: “nesta Semana Santa temos actividades programadas para os máis pequenos da casa: inchables, xogos interactivos, portería de puntuación,...”
O luns, martes e mércores as actividades desenvólvense na Praza dos Campos, de San Ciprián, de 13:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas (de 11:00 a 13:00 horas está reservado para Cervo Concilia). E xoves e venres serán na Praza do Souto, de Cervo, de 17:00 a 20:00 horas.
O Centro de Educación Medioambiental Gaia do Concello de Burela organiza os talleres Manualidades e Xogos con Gaia os días 25, 26 e 27 deste mes.
Serán na praza da Mariña de 11:00 a 13:00, e a participación será gratuíta. En caso de choiva moveranse á praza de Abastos.
A concelleira de Cultura Medioambiental e Ecolóxica e responsable do centro Gaia, Lina Gómez Pardo, anima "a todos os nenos e nenas de Burela a participar nestes talleres para aprender de xeito divertido sobre o coidado do medio ambiente".
O Concello de Cervo organiza obradoiros infantís (para nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade) os días 14, 16 e 19 de febreiro na Casa da Cultura de 17:00 a 18:30 horas.
O mércores 14 o obradoiro estará dedicado a manualidades de San Valentín, o venres 16 será sobre papiroflexia e o luns 19 o tema son os xogos populares.
As inscricións poden facerse na Casa da Cultura ou a través do teléfono 982.59.51.57.
A Praza do Concello da Pontenova acollerá actividades infantís gratuítas o 8 de outubro, domingo, de 17:00 a 21:00 horas.
Esta actividade, organizada polo Concello da Pontenova, incluirá inchables para nenos e nenas maiores de 4 anos, tattoos con purpurina e pintacaras.
Un ano máis os máis pequenos de Alfoz teñen o programa de actividades Ludiverán-Xogando en igualdade, que organiza o Concello. É desde o 3 de xullo ata o 25 de agosto de luns a venres laborables para nenos e nenas nados entre 2011 e 2020.
As prazas son limitadas e o prazo de inscrición está aberto ata o 27 de xuño na Oficina de Rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica.
Na Biblioteca Pública de Alfoz, durante as vacacións de Nadal, de 17:00 a 19: 00 horas poderase desfrutar dunha ampla programación de actividades para os máis pequenos: xogos e videoxogos, manualidades, coreografías, películas.
A partir do 19 de decembro ábrese o prazo de inscrición. As solicitudes entregaranse na Oficina de Rexistro do Concello, onde tamén estarán dispoñibles para cubrir polos interesados/as. Son de balde e hai prazas limitadas.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono 982 558 001 (ext. 2 Arantxa).
O Concello de Cervo segue a apostar neste verán pola conciliación familiar a través dun completo programa de actividades lúdico-educativas enmarcada no programa bautizado como “Cervo Concilia”, que se desenvolverá ata o 8 de setembro, coincidindo co comezo do curso escolar, en horario de 9:00 a 14:30 horas.
60 pequenos/as de entre 3 e 12 anos participan cada día nesta iniciativa municipal de balde, organizados en grupos burbulla para garantir a seguridade, e dirixidos por un equipo humano conformado por 10 monitores/as.
O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, compartiron un anaco cun dos grupos coincidindo cunha das actividades programadas ao aire libre no parque Reina Sofía, en San Ciprián , “unha tónica habitual nesta nova edición na que se priorizamos, sempre que o tempo o permite, as saídas ao...
leer más