O colectivo Pensamento e Sementeira recupera a Xira de Viveiro a Portochao, que se celebrará o 17 de agosto

O colectivo Pensamento e Sementeira recupera a Xira de Viveiro a Portochao, que se celebrará o día 17 de agosto, sábado.

“Unha das nosas liñas de actuación é recuperar tradicións, festas e acontecementos esquecidos do noso concello. É un pracer anunciarvos que recuperamos a Xira de Viveiro a Portochao! Será o vindeiro 17 de agosto, así que gardade o día nas vosas axendas. Haberá dúas modalidades de participación: a través dunha andaina de balde duns 3,5 quilómetros aproximadamente pola beira do río Landro (percorreremos o camiño das Aceas e o paseo fluvial). A saída será dende o aparcadoiro da variante ás 13:00.  A outra opción é a través dunha ruta en kaiak. Os kaiaks son biplaza e poderán participar menores a partir dos 6 anos, que deberán ir acompañados dunha persoa adulta responsable A saída realizarase dende a rampla do pavillón municipal ás 13:00 horas. O prezo por socia será de 10 euros e para persoas non socias serán 15  euros. A ruta en kaiak só será de subida, a volta será xestionada polos participantes”, anuncia a organización.

O colectivo Pensamento e Sementeira engade que compre anotarse antes do 11 de agosto no formulario da seguinte ligazón: https://forms.gle/x2EexBfg67vzrYjD8

Tamén anuncian que “unha vez en Portochao (arredor das 15:00 horas) convidámosvos a participar nun xantar popular na área recreativa, que estará amenizado con música. Neste caso teredes que traer a vosa comida e compartiremos espazo con todas as participantes en ámbalas dúas modalidades. Ademais pódese unir xente só ao xantar e aos xogos tradicionais da sobremesa, que se celebrarán sobre ás 17:00 horas. Calquera dúbida contactade con nós a través das redes socias ou do correo electrónico colectivosementeira@gmail.com”.