Xogo
Durante este mes de agosto calquera pode ter a oportunidade de gañar un premio en Alfoz.
Participar é moi fácil. As persoas interesas so deberán seguir a @TURISMOALFOZ, comentar e deixar un me gusta na publicación sobre o xogo e mandar unha fotografía do “Casteloo da Frouseira” ao correo turismo@concellodealfoz.com. O autor ou autora da mellor fotografía será agasallado cun premio sorpresa.
Para obter máis información, poderase chamar á oficina de turismo no número 982 55 85 78 en horario de 16:00 a 20:00 horas os venres, sábados e domingos e de 11:00 a 14:00 horas os sábados e domingos.
O Concello de Alfoz convida a todos e todas a participar neste magnífico xogo turístico.
O Ribadeo de Tapeo 2022, que da comezo mañá, inclúe a I Gastro-Oca o 16 de maio a partires das oito e media da tarde. Para participar é preciso anotarse, segundo deu a coñecer o concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo.
Pablo Vizoso sinalou que “por fin esta fin de semana dá comezo o Ribadeo de Tapeo, que xa vai na súa décimo quinta edición, que se vai celebrar entre o 14 e o 22 de maio e no que participan 32 establecementos da hostalería da nosa vila. O prezo das tapas será este ano de 2 euros e, como novidade, tamén haberá tapas para vexetarianos e específicas para celíacos; precisamente con ese obxectivo traballamos en colaboración coa Asociación de Celíacos de Galicia”.
O edil ribadense explicou que “contaremos tamén coa proposta dos Soños Gastronómicos, na que 9 dos nosos establecementos...
leer másO grupo de participación adolescente do Concello organiza a Busca do Tesouro para colaborar e animar o Entroido. Será o 25 de febreiro.
A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, explica que “se trata de superar varias probas polo pobo e encontrar o tesouro agochado. A actividade terá lugar o 25 de febreiro, que é venres, a partir das sete da tarde e ata as dez da noite aproximadamente. É apta para todas as idades e dará comezo na Praza de Abastos”.
Os requisitos para participar son os seguintes: grupos dun máximo de 5 persoas; os menores de 12 anos deberán estar acompañadxs por unha persoa adulta; e ir disfrazadxs.
O grupo gañador recibirá como premio unha comida ou cea no Boas Migas (para os e as integrantes do grupo, máximo 17 euros por persoa, tendo que ir todos e todas xuntas...
leer másA Asociación Xuvenil Xoldra e a Asociación Cultural O Pasatempo de Mondoñedo veñen de presentar as primeiras versións do «Mondopoli», un xogo de mesa elaborado de forma conxunta e inspirado nas principais localizacións, eventos e personaxes da cidade. A iniciativa conta co apoio do Concello de Mondoñedo e pretende poñer en valor as distintas referencias artísticas, xeográficas e festivas da localidade mariñá.
«Mondopoli», que é un proxecto sen fins lucrativos, veu a luz esta fin de semana despois de varios meses de esforzo e traballo por parte das dúas entidades. Tanto o taboleiro como as distintas pezas que integran o xogo procuran ser o máis sostibles posible e correron a cargo de comercios de proximidade. Ademais, as fichas e os billetes supoñen dous dos elementos máis distintivos do produto. Dende este sábado, o resultado final está...
leer másMañá, martes, arrinca o xogo interactivo Burela salva o Nadal, que pon en marcha a Concellería de Cultura.
O edil José Díaz anima “a todos os nenos e nenas de Burela a entregar a súa carta aos Reis Magos dun xeito novidoso e divertido participando no xogo Burela salva o Nadal, que dará comezo mañá, 15 de decembro, e que se prolongará ata o 5 de xaneiro de 2021”.
O concelleiro de Cultura subliña que “a actividade pode realizarse en horario ininterrompido nesas datas. O primeiro código QR pódese atopar xa no taboleiro de anuncios do Auditorio Municipal”.
Díaz engade que “os participantes van estar entretidos este Nadal, van ter que cantar panxoliñas e van recibir moitas sorpresas a través dos códigos QR que atoparán en diferentes localizacións da nosa vila”.
O Centro Comercial Aberto de Burela lanza a súa campaña “Volta ao cole” á que están chamados todos os rapaces e rapazas burelenses menores de idade que queiran participar nun xogo da oca xigante que se instalará na praza da Mariña o día 7 de setembro.
A dinámica do xogo é moi sinxela o único que se ten que facer é gardar os tickets de compra dos locais asociados ao CCA Burela, e se suman máis de 10 euros en compra terán dereito a xogar unha partida.
O gañador ou gañadora de cada un dos xogos recibirá un lote de material escolar valorado en máis de 10 euros e un cheque de 20 euros para mercar material escolar nos comercios asociados. Todos os participantes recibiran un agasallo por participar na actividade, para que ninguén marche coas mans baleiras.
Está previsto que se fagan un máximo...
leer másA galería ribadense de arte Terra Branca e o zoqueiro Alberto Geada poñen en marcha O Xogo das Zocas, que inclúe agasallos para os gañadores. O obxectivo desta iniciativa é facer promoción desa zona do interior da Mariña e da arte que se fai nesta comarca, arte en imaxes e arte en forma de zoquiñas.
Para conseguir cada un dos cinco premios hai que localizar unha das cinco pequenas zocas que o zoqueiro do Valadouro Alberto Geada escondeu na contorna das cinco marabillas do Val do Ouro: o castelo de Castrodouro, a fervenza Escouridal, o dolmen do Prado das Chantas, a cruz do Pau da Vella e Finca Galea. Despois de atopar cada zoca hai que levala á galería Terra Branca, de Ribadeo, onde os gañadores recibirán os agasallos, que consisten en figuras de cerámica, unha lámina, un reloxo ou un perfume de Terra Branca. Se a mesma persoa consegue...
leer más