Eventos

06/11/2024

Con motivo de su 40 aniversario el Club de Remo Ribadeo organiza una recepción en el Cine Teatro de Ribadeo y una cena picoteo en el Restaurante Marinero. Será el día 30 de noviembre, sábado, a las 19:30 y a las 21:30 horas respectivamente.

Las personas interesadas en participar en este evento pueden contactar con el Club de Remo Ribadeo a través del teléfono 652.580.502.

Etiquetas:
05/11/2024

A vindeira fin de semana rematarán os Obradoiros e os Plans con Corazón da Mancomunidade de Concellos da Mariña con diferentes propostas que se desenvolverán en Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Viveiro e Riotorto. 

O sábado, 9 de novembro, haberá un Obradoiro de Kintsugi con Artesanía do Pasatempo, en Mondoñedo. Será de 11.00 a 13.00 horas para público adulto. Trátase dunha experiencia baseada na técnica ancestral xaponesa de reparación de obxectos cerámicos con ouro, onde se resaltan as cicatrices como as experiencias de vida do obxecto. As persoas participantes familiarizaranse co proceso de reparación mediante dita técnica  sendo agasallados co obxecto reparado.

E o domingo, día 10, desenvolverase un  Obradoiro de Rakú con Esquina Atlántica, en Mondoñedo, que terá lugar de 11.00 a 13.00 horas para público adulto...

leer más
Etiquetas:
05/11/2024

O Concello de Burela organiza unha nova edición do seu mercado de Nadal. Este evento, que se celebra cada ano na localidade, terá lugar esta vez nunha xornada única o día 30 de novembro, sábado, en horario continuo de 10:30 a 21:00 horas.

Todas aquelas persoas e entidades interesadas en participar poden inscribirse ata o 22 de novembro, ben de maneira presencial no punto de información da Casa do Concello ou enviando un correo electrónico a cultura@burela.org.

O Mercado de Nadal é unha iniciativa do Concello de Burela que “ten como obxectivo de fomentar o comercio local e dar visibilidade ao traballo de artesáns e emprendedores da comarca”. A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, afirma que “este mercado non só apoia aos nosos comerciantes e artesáns, senón que tamén...

leer más
Etiquetas:
05/11/2024

A Sociedade Cultural Recreativa Ledicia, de Burela, inicia as actividades para celebrar o seu 50 aniversario cunha cea que se celebrará o día 22 de novembro, venres, ás 22:00 horas. As prazas son limitadas e prazo para comprar os tickets remata o 19 de novembro.

A Sociedade Cultural Recreativa Ledicia, de Burela, anuncia que “50 anos atrás un grupo de xente traballaba en Burela pola creación dunha asociación coa finalidade de promover actividades socioculturais na vila. E xa que chegamos ata aquí queremos compartir esa celebración con tódalas persoas que desexen acompañarnos. Os primeiros actos serán unha cea conmemorativa o 22 de novembro no Hotel Nordés e unha misa en recordo das moitas persoas que faltan o 1 de decembro”.

Etiquetas:
05/11/2024

O Mondoñedo Fútbol Club organiza unha cea baile que se celebrará o día 16 de novembro, sábado, ás 22:00 horas en Finca San Antonio.

O menú estará composto por mexillóns ao vapor, pescada á galega, costela asada, postre, café, chupito, viños godello e Rioja. Estará amenizada pola discoteca móbil Eventec.

O prezo son 32 euros e as entradas están á venda e O Palique, Cafetería Segundo e O Rincón de Mondoñedo.

04/11/2024

O Concello de Foz organiza para este sábado, día 9 de novembro, a partir das 19:30 horas a gala de elección da raíña ou rei do Entroido 2025. A entrada será de 5 euros e este importe será doado aos damnificados da Dana, tanto na conta oficial da Generalitat Valenciana coma ao Banco de Alimentos de Valencia. Así mesmo todo aquel que queira deixar unha doazón superior tamén será recollida. “Actualmente a loxística de envíos para a zona é difícil, polo que o envío de medios económicos para subministro en zonas máis próximas é moito máis eficiente” explica o concelleiro de Festas, Ángel Fernández Neira.

Este martes, día 5, finaliza o prazo para a presentación de candidaturas e o mércores 6 coñecerase o listado de persoas que o día 9 expoñerán as súas razóns ao público asistente para ser o representante do Entroido de Foz 2025.

... leer más
Etiquetas:
04/11/2024

A parroquia de Figueiras, no concello de Mondoñedo, celebrará a festa na honra a San Martiño este sábado, día 9 de novembro

As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú co grupo Fénix, que tamén amenizará na verbena.

O campo da festa estará cuberto con carpa.

Etiquetas:
04/11/2024

O Concello de Burela e Os Asadores Burela organizan este sábado, día 9 de novembro, a novena edición da Festa da Castaña.

A celebración terá lugar, como é habitual, na praza da Mariña a partir das 17:30 e contará con numerosas actividades para todos os públicos.

A IX Festa da Castaña comezará cuns xogos para a cativada a cargo da xoguetería Xogando nas Nubes e mais co obradoiro de zonchos impartido polas monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia.

A partir das 18:00 comezará o reparto de comida e bebida, con castañas, bolos preñados, auga e viño. Tamén haberá música ao longo da xornada.-

A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, convida á veciñanza "a asistir un ano máis a esta gran festa, que xa conta cun amplo percorrido na nosa vila".

 

Etiquetas:
03/11/2024

A parroquia focega de San Martiño celebrará as festas na honra do seu patrón desde o venres 8 ata o domingo 10 de novembro.

As actividades comezarán o venres con verbena amenizada polo dúo Estrellas e Conxuro Discomóbil

O sábado haberá sesión vermú a partir das 13:30 horas, co grupo Eureka, que tamén actuará na verbena xunto a Conxuro Discomóbil.

E o domingo a partir das 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión acompañada polo grupo de gaitas A Subela. E a continuación haberá sesión vermú amenizada polo grupo Toxo Guayaba.

Os organizadores destes festexos destacan que disporán de carpa con calefacción.

Etiquetas:
01/11/2024

A Pontenova celebrará un magosto con ruta de sendeirismo o día 16 de novembro, sábado.

As actividades comezarán ás 09:30 horas coa concentración dos participantes na Praza dos Fornos. Medio hora despois sairán cara ao punto de comezo da ruta, de Sanxés a Vilarxubín, de 4,6 quilómetros e dificultade media. Para as 14:00 horas está prevista a chegada á Praza dos Fornos, onde se fará un xantar a base de empanada e castañas asadas.

O prezo da inscrición é de 7 euros por participante e vai incluído o transporte, o seguro RC e o xantar. A data límite para apuntarse é o xoves 14 de novembro.

Este evento está organizado polo Concello e o CIT A Pontenova.