Andadura
O Concello de Cervo será o próximo sábado o escenario da I Carreira de Andadura que se celebrará na pista ecuestre recentemente construída na zona da Bidueira.
A competición, que arrincará ás 10:30 horas pola mañá, e ás 16:00 horas pola tarde, foi presentada nas novas instalacións polos edís de Zona Rural e Deportes, Adrían Arias e David Rodríguez, respectivamente, e por unha representación da asociación Cabaleiros da Bidueira, que organiza a cita cabalar xunto á administración local.
A competición arrincará ás 10:30 horas, e irán sucedéndose as carreiras nas diferentes categorías (sub 16, serrada +1,50, serrada -1,50, chapeada +1,50, chapeada -1,50, serrada-marcha do país, chapeada-marcha do país); establécense un mínimo de catro partcipantes por categoría e haberá case 2000 euros en premios, ademais de trofeos e medallas....