
Viveiro acollerá un evento pro recadación para as Festas do San Roque no Día das Tortillas, que é o domingo 6 de abril.
Está organizado pola comisión Viveiro en Festas, que explica: “cremos que o Días das Tortillas é unha festa moi chula para seguir mantendo en Viveiro, así que imos facer que o parque Pernas Peón sexa un sitio para celebrar en boa compañía o domingo 6 de abril. Imos ter á venda tortillas grazas á colaboración co restaurante La Tortilla Maravilla, en porcións ou enteiras, pero podes reservar a túa a través do whatsapp do teléfono 619.14.14.62. A partir das 12 abrimos inscricións para o I Concurso Popular do Día das Tortillas, no que calquera veciño ou veciña pode presentar a súa mellor receita”.
Ademais a partir das 13:30 horas haberá sesión vermú a cargo do Dúo Vivarium e ás 17 horas, veredicto do xurado para coroar á primeira persoa vencedora do concurso.