Eventos
A cita está organizada pola Asociación Mulleres de San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.
Ás 12:30 horas haberá misa na capela de Sn Andrés e ás 14:30 horas será o xantar no restaurante O Noso Lar.
As persoas interesadas en acudir poden adquirir os tíckets no propio restaurtante.
O Concello de Cervo anima a asistir ao II Festival do Guioncho que terá lugar, da man da A.C. Comisión de Festas de Lieiro, o sábado 21 de decembro nunha carpa instalada na Praza dos Campos.
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por unha representación da asociación que se encarga do evento que contará coas actuacións o Grupo Beatriz, a orquestra Waykas e con DJ Pablo Conxuro, como peche de festa.
A entrada anticipada por un prezo de 10 euros pode adquirirse nos locais comerciais ou ese mesmo día en taquilla a partir das 18:00 horas. Parte da recadación pola venta de entradas irá destinada á Asociación Lucense de Esclerose Múltiple.
Haberá tamén servizo de autobuses para desprazarse ata o Festival e diferentes sorteos e sorpresas durante o evento; entre elas o sorteo dunha escapada...
leer másLa diócesis de Mondoñedo Ferrol anuncia que este sábado, 16 de noviembre, la catedral de Mondoñedo “volverá a abrir sus puertas para el culto y para el turismo. Desde el pasado 7 de octubre esta se encontraba cerrada a consecuencia de las obras de canalización de la nueva instalación eléctrica. Durante este mes se han realizado estas obras, levantando parte del ensolado de la catedral, siempre supervisado por técnicos de la Xunta. A partir de este sábado se retoman las visitas turísticas en el horario habitual así como los cultos. Precisamente este mismo sábado el obispo diocesano, monseñor Fernando García, presidirá a las 17:00 horas una celebración eucarística con motivo de 10º aniversario de la Asociación Somos Unidos por el Cáncer. A continuación, a las 19:00 horas, presidirá también la celebración de las confirmaciones para un grupo de jóvenes de Mondoñedo”....
A Asociación Cultural e Deportiva As Minas, da Pontenova, celebra a décimo sétima edición do seu festival día 14 de decembro, sábado.
“Coa actuación destacada de Xosé Antonio Touriñán, haberá tamén sendeirismo, música, gastronomía... Unha proposta irresistible”, anuncia a organización.
O programa inclúe estas actividades: ás 12 horas, Ruta das Minas (guiada e gratuíta), inscrición en asociacionasminas@gmail.com; ás 14 horas, sesión vermú; ás 17:00 horas, interacción infantil con Os Bolechas; ás 17:40 horas, contacontos inclusivo con DI y lo Amorodos; ás 18:00 horas, interacción infantil con Os Bolechas; ás 19:00 horas, Grupo Tambukda, de Lugo, polas rúas e bares do pobo; ás 20:00 horas, degustación gratuíta de callos na carpa da asociación, amenizada por Grupo...
leer másA Confraría de Pescadores Santiago Apóstol, de Celeiro, cumpriu cen anos de historia e celebrará este centenario cunha exposición conmemorativa e unha serie de actividades que poñen en valor a súa rica tradición pesqueira e a identidade dun dos portos máis emblemáticos do norte de Galicia. Esta acción, financiada pola Xunta de Galicia, o Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura e o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro de A Mariña - Ortegal, está enfocada á promoción e difusión do patrimonio mariñeiro de Celeiro. A exposición inaugurarase o mércores 20 de novembro ás 11:30 horas no edificio social da confraría e será de carácter permanente. O acto é aberto ao público en xeral e contará con música en directo a cargo de Sons de Celeiro e un showcooking con degustación de pescada de Celeiro, convertendo a xornada nunha festividade que homenaxea a tradición...
leer másA Comisión de Festas do San Roque de Viveiro organiza unha cea baile de Nadal que se celebrará o día 21 de decembro, sábado. Será ás 22:00 horas no Hotel Resort Las Sirenas Thalasso Cantábrico. Actuará DJ Eventec ata as 03:00 horas e haberá barra libre e sorteos.
Os organizadores explican que “o Nadal é o momento perfecto para xuntarse cos teus, rir das anécdotas do ano, e lembrar todos os bos momentos que pasamos en familia e con amigos (e para sobrevivir ás historias do cuñado, claro). Por iso, a nosa Cea de Nadal é a mellor maneira de chegar con forza á Noiteboa! Este 21 de decembro anímate a vir ao Hotel Resort Las Sirenas Thalasso Cantábrico para gozar dunha noite máxica e moi especial! Anótate enviando un correo a comisionviveiroenfestas@gmail.com ou pásate polo Doce Bar (Praza...
leer másO Concello de Cervo programa do 23 ao 25 de novembro diferentes actos con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que ten lugar cada 25 deste mes. Ese mesmo día, luns 25, terán lugar os actos centrais concentrados na Praza Nardo Martínez, en San Ciprián. Así ás 19:00 horas celebrarase o acto solidario “Unha vela por ti”, en colaboración coa asociación Mujeres en Igualdad Cervo. As persoas asistentes poderán adquirir alí mesmo velas como xesto simbólico, e a recadación irá integramente destinada para a vivenda tutelada para mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental da asociación Saúde Mental A Mariña.
A axenda de actos completarase esta mesma fin de semana. Así o sábado 23 de novembro terá lugar un taller de fotografía de luz negra na Casa da Cultura, impartido por Diana Fajardo. Será en...
leer másA comparsa Os Fandangueiros, de Alfoz e O Valadouro, celebrará a quinta edición da súa cea baile o día 30 de novembro, sábado, ás 21:30 horas no pavillón polideportivo de Alfoz.
A organización do evento anuncia: “a cea estará servida polo catering Chao da Brea e contaremos con Belinda e Conxuro DJ para amenizar a noite; ademais teremos sorteos e moitas ganas de festa. Para anotarvos poderedes contactar por teléfono (último día para facelo é o 26 de novembro) con Laura (679.566.111) ou Natalia (603.670.661). A partir das 00:00 horas libre acceso a todo aquel que queira acercarse a desfrutar da festa. Animádevos”.
A agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, anuncia que este venres, día 15 de novembro, a partir das 19: 00 horas na vila ribadense, comezando na rúa San Francisco (na esquina co Parque), haberá un recital de poesía en homenaxe á figura de Luisa Villalta. Será conducido polo artista Xurxo Souto que, da man do seu libro "Somos un pobo de artistas" (Edicións Xerais de Galicia), lembrará a figura de Luisa Villalta, poeta á que se lle dedicou este ano o Día Das Letras Galegas.
“Xa sabemos que non andamos alá polo mes de maio, longo e todo cuberto de flores. Pero podemos imaxinarnos que con cada folla que cae das árbores no mes de outono escrébese un poema que nos da azos para seguirmos adiante e facerlle fronte ao inverno. Sempre haberá un bo motivo para gozar da poesía”, explica a agrupación cultural Francisco Lanza.
... leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, celebrará xunta xeral de socios e cea o día 23 de novembro, sábado.
A asemblea será no salón de actos da Casa da Cultura de Foz e está programada para as 19:30 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda.
E a cea celebrarase no Restaurante Novo, de Ferreira do Valadouro ás 22:00 horas. O menú será: entrantes (zamburiñas, polbo, luras, croquetas), carrilleiras, torta, café, viño, refrescos.
O prezo é de 30 euros para @s soci@s e de 35 euros para os soci@s temporais. Para participar hai que inscribirse antes do luns 18 novembro nos teléfonos 670.36.90.17 (Roberto) ou 606.71.84.82 (Laura).